Cun bus cheo de senderistas ás sete e media partimos de Foz coa esperanza de que non chovera e poder pasar un bo día por terras de Asturias, a saída de Avilés parada obrigatoria para repoñer forzas, xa e costume facer una paradiña antes do comezo da camiñada.
Ás dez e media o grupo os Sendeiros vémonos diante da mítica mina “ La Camocha” que coma di a canción “Va baixo el mar y que a veces los marineros sienten el grisú explotar, por eso en la proa se oye esti cantar, probe de aquel minero que traballa sin miedo en la oscuridad, probe de aquel minero que traballa siempre solo…….”
Hoxe leva uns dous anos pechaba despois de setenta e oito anos funcionando, cantas historias quedaran baixo terra para sempre. Cantamos xunto a Nely unas estrofas da canción e comezamos a dar os primeiros pasos pola bela senda río Llantones. A senda transcorre ao carón do río, sorprende a bo traballo que se fixo para que a xente poda disfrutar dos encantos da natureza ao lado de Xixón, bonitas e coidadas praderías, ven valadas, respectando o entorno, o río Llantones vai limpo o seu curso vaise perder no río Piles que será o que nos leve ao barrio residencial de Viesques onde facemos un reagrupamento e darnos un pequeno descanso.
Sobre ás 12 retomamos o senda que nos levará polo medio dun bonito parque con moita actividade: Footing, paseo, descanso, en fin unha xoia, despois de cruzar o parque achegámonos ao mítico “ Molinón” pasamos tamén cerquiña do hipódromo das Mestas, do centenario Grupo Covadonga, así ata chegar ao barrio da Guía onde íamos a coller a seguinte senda do río Peñafrancia, distraíanos un grupo de afeccionados do Racing de Santander que ían escoltados pola policía para evitar follos antes do comezo do partido contra o Sporting de Xixón. Tamén nós chamábamos a atención cando a xente vía o numeroso grupo Os Sendeiros e as súas camisetas verdes paseando o nome de Foz.
Percorrido e similar a outra senda do río Llantones, soamente que neste tramo tíñamos de vixiante a maxestosa Torre da Universidade Laboral, “de grandes recordos para min, pasei cinco anos, dende os 12 anos ata os 17anos”, ¡¡foi coma se din, onde me fixe un home!!
As pernas xa facían, a uns máis que a outros síntomas de dor e, sentíanse as cantigas de sempre, si falta moito, moi lonxe queda o final, pero mentres se oían as queixas, tamén íamos ollando os ben coidados campos de golf, o Campus universitario, a Universidade laboral, o caudal do río Peñafrancia, patos polo río, o ir e vir da xente camiñando, na bicicleta, xente nova e menos nova, pícaros, todo un mundo de xente facendo deporte. Seguimos o curso do río para achegarnos a estrada que nos leva a Parroquia de Deva. Esta parroquia e moi visitada pola xente de Xixón por ter máis de un Llagar de Sidra e poder tomar uns “Culines de sidra” . Ao lado da capela San Antonio en Deva o derradeiro metro da senda, xa estaba Vila o conductor esperándonos e os máis cansos saíalles un sorriso de lado a lado, ¡! uf que alivio ¡¡, por fin.
Facemos o ritual de sempre : Cambio de roupa, calzado e algúns pantalón e calcetíns. Una vez dispostos o bus pon rumbo o Llagar Cabueñes , un restaurante que data do ano 1935, enxebre, amplo, cheo de artiluxios antigos: aparadores, mesas, vitrinas, cubos de chapa de cores, pipotes, etc…. o xantar regular e mal servido, moita xente e pouco servizo, eu creo que nunca comemos tanto pan entre prato e prato, ¡!! Non sempre sae ben ¡¡¡¡, sentámonos ás tres menos dez e as catro trinta e cinco aínda non tiñan servido o café. Ben, sen comentarios.
Ás cinco tíñamos a entrada ao Jardín Botánico atlántica, e o xardín botánico máis grande de España cunhas 30000 plantas e 2000 especies, o lugar e paradixiaco, para pensar, pasear e, disfrutar da maliana das formas distintas de plantas, arbores, e fermosos paseos formando pequenos labirintos, regatos, fervenzas, Un lugar para olvidarse dos problemas cotidiás. Seguro que a mellor época para visítallo sexa a primavera por mor de ollar a flora na súa plenitude de cores.
A saída do xardín botánico fixemos a foto do grupo, de fondo a impresionante obra da Universidade Laboral.
Anécdotas moitas ¿e Marisa?, o a de Luís, sempre temos algo de que rirnos ao final, como non se podo tomar o café no restaurante, a Asociación convido a cafés a todo o que quixo facendo unha paradiña no Restaurante Lupa de Cudillero. De novo na estrada para achegarnos a Foz
O redor das oito e media chegamos a casa sen novidade no grupo.
Un saúdo