Crónica

Ruta Viveiro-Penedo do Galo- Palmeiro.


A ruta deste mes discorre pola comarca, xa que estamos nos meses de menos luz. Partimos de Viveiro, diante da comisaria da policía nacional, para atravesando as súas rúas dirixirnos á ruta marcada a Penedo do Galo, o día está marabilloso, sol non hai nubes, iso si, esta algo fresco, facémonos unha foto diante da igrexa de San Francisco, e comezamos o ascenso. A senda é pendente, está rodeada de arboles, pero nalgúns puntos que falta vexetación gozamos dunhas magnificas vistas de Viveiro. Pasamos polos restos dos antigos depósitos de auga da cidade, seguimos subindo e chegamos ás Cortes, grupo de casas abandonadas, desde aquí dirixímonos ao cercado dos Gamos, está preto do miradoiro de San Roque, hoxe non o visitaremos por razón de tempo, desde agora o camiño é máis ancho, con bo firme de zahorra, iso si, segue subindo, antes de chegar á cima atopamos un miradoiro que nos deixa unhas vistas espectaculares de Viveiro e a súa ría, xa nos falta pouco para a cima, unha vez nela, aproveitamos para comer algo, gozar da panorámica que se nos ofrece da comarca e sacar unha foto de grupo.


Desde aquí só quédanos descender ata o final, a camiñada será por camiño ancho e de bo firme, rodeados de eucaliptos, pasaremos á beira da planta de Prebetong, e continuaremos cara á fervenza do río Guilan, , que esta espectacular, grazas ás choivas incesantes dos últimos días, queda reflectido nas fotos que tomamos, teremos que variar o camiño previsto xa que o rio vai moi crecido e fóra das marxes, subindo un pouco o seu leito ata atopar unha zona estreita para vadearlo.

Agora continuamos camiñando pola pista que bordea a vía rápida, en dirección a Xove, unha vez alí desviarémonos á dereita cara á urbanización de Palmeiro, onde poñeremos punto final á ruta de hoxe. No centro social de Palmeiro faremos o xantar, moi saboroso por certo.


Grazas a todos polo fermoso día.


Un saúdo e ata a vindeira ruta.


Morís.