Powered by Wikiloc

Crónica

ENCONTRO SENDERISMO A PONTENOVA.


Un ano mais A Pontenova celebra o encontro de asociacións de senderismo e tempo libre de Asturias e Galicia, nesta ocasión a ruta será a do ferrocarril. Desta volta ten un carácter reivindicativo, pídese que se remate a senda verde que une as localidades de Ribadeo e A Pontenova, o que era o camiño do tren mineiro.


Pola mañanciña xuntámonos na praza dos fornos, collemos o avitualllamento, montamos nos buses e dirixímonos cara a saída, en Ria de Abres, despois de ler un manifesto pedindo a realización da senda verde diante das autoridades, alcaldes e deputación, comezou a marcha.


Esta primeira parte da ruta de hoxe é inédita, fai-se por primeira vez, de feito algúns tramos están a medio arranxar, e outro pouquiño témolo que facer pola estrada xeral.

 IMG_20170521_114517041_HDR  IMG_20170521_122418084  IMG_20170521_130234908_HDR  


Unha vez chegados a Santirso, imos pola senda que xa leva anos aberta, e moi fermosa. Imos rodeados de vexetación, o rumor das augas bravas do río Eo, fan o camiñar tan pracenteiro. O chan e de terra e zahorra, o que da un camiñar moi cómodo. Neste domingo soleado e caloroso, presta entrar nos túneles que se atopan nesta parte asturiana da ruta, axudan a refrescar.


Cando entramos no concello da Pontenova, o piso da senda pasa a ser de asfalto, é unha magoa. E desta guisa chegamos A Pontenova, onde na Praza dos Fornos nos agarda o xantar que nos teñen preparado dende a organización.


Un saúdo.


Morís.