Crónica

 

 

Encontro Rio Ouro 2015
Un ano mais ó remata do verán, a finais de setembro, celebramos o encontro Rio Ouro e Praias de Foz.
Un fermoso día, no que mais de cinco centos persoas xuntámosnos e camiñamos xuntas. Lucia o sol xa dende o amencer, e a temperatura era agradábel.


Nesta ocasión xuntámonos no peirao, onde entregamos as bolsas de avituallamento e os vales de comida, isto era unha novidade con respecto as edicións pasadas, con isto quixemos facilitar que puidesen tomar un café antes de saír e poder ir o servizo.
A explanada do peirao estaba repleta de autobuses, que despois das verbas do señor alcalde e unha breve descrición da ruta, saíu en procesión detrás do coche de protección civil ata o lugar de saída, xa que este é outra das novidades deste ano, nos cruces contamos ca colaboración da policía local e mais da gardiá civil, para que a serpe que formaban dez autobuses non se rompese e chegase unida a saída.


Os buses deixaron os sendeiristas a beira da estrada, para coller o camiño que vai entre castiñeiros ata a presa de Posada, lugar onde se capta a auga para o concello de Foz, comeza o descenso do rio pola esquerda, mediante un sendeiro polo que se camiña en fila india, que pacer escoitar o rumor das augas, que beleza os raios do sol atravesando as copas das arboras, o chegar a ponte restaurada fai uns anos, hai que cruzala xa que dende aquí se baixa pola marxen dereita, sempre sentindo o rumor das augas e a sombra das arbores, ata chegar a Fazouro.

 DSC09001  DSC09006  DSC09030  DSC09032


En Fazouro, tras pasar pola area de descanso de entre pontes, collese a dereita, na praia da Pampillosa, ata Foz polo paseo das praias, que bordeando o litoral nos achegara a Foz, pasaremos polas praias de Peizas, Llas e Rapadoira para rematar a ruta de hoxe no peirao. Neste camiñar serpenteante poderemos ollar o fermoso litoral, e co día claro que está, vese ata Tapia de Casariego en Asturias.


Na Praza Conde de Fontao, celebrase o xantar, o remate uns bailes farán que a dixestión sexa mais levadeira, nun receso do baile celebrase un sorteo de agasallos entre os participantes,un pouco mais de baile e pouco a pouco os de lonxe vanse indo cara os seus lugares de orixe.
Grazas a todos os camiñantes por facer unha vez mais un bonito encontro, e grazas os que colaboraron organizando todo por facer que saíse adiante.
Un saúdo e ata o vindeiro ano.


Morís


Primero daros las gracias por todo vuestro esfuerzo.
Felicitaros y enviar nuestra enhorabuena por vuestro esfuerzo, el tiempo e ilusión que ponéis en conseguir que estos encuentros salgan espléndidos,
y por vuestra generosidad.
Perfecto, maravilloso.
Lo hemos pasado en grande.La ruta preciosa.
Tenéis un emplazamiento envidiable

Gracias.
Un fuerte abrazo,
Perdón por olvidarme de felicitar a los cocineros. Todo riquísssimo.
Hasta la próxima

Paco Ruíz,
Susana Lamas
Mª José Hermo.