Crónica
Belén de Cumes 2020, Cornería.
Un ano máis, imos instalar o
noso Belén na cima dunha
montaña, nesta ocasión será en
Cornería.
Concentrámonos diante da capela
do Carmen de San Martiño, fai un
bo día para camiñar, cando xa
estamos todos, separados e con
máscara como marcan os
protocolos anti covid, damos
unhas breves instrucións e
comezamos a marcha de hoxe. Toca
ir subindo aos poucos ata o cume
onde quedará depositado o Belén
todo o nadal. O roteiro é cómodo
por pistas amplas de terra,
saburra e herba, con pendentes
suaves que nos achegan á cima,
imos rodeados de eucaliptos e
piñeiros. Durante a marcha
gozamos das magnificas vistas da
costa, de volver vernos despois
de tanto tempo, debido á
pandemia, e así aos poucos coa
alegría dos nosos máis novos
camiñantes, coas súas risas
xogos preguntas e bromas van
pasando os pasos, e chegamos á
cima. Pasamos baixo unhas
árbores e montamos o Belén xunto
ao vértice geodésico, son os
nosos pequenos camiñantes os
encargados de colocar as figuras
á súa maneira.
Unha vez instalado, feitas unhas
fotos do mesmo, xuntámonos,
deixando distancia para con
sidra achampanada, brindar polas
festas e desexar que o próximo
ano sexa mellor que o que está a
piques de terminar. Colocámonos
para facer a nosa foto de grupo
coa costa como fondo, e
comezamos o descenso ata o punto
de partida polo mesmo camiño que
nos trouxo ata ó cumio.
Bonito día, para camiñar en tan
grata compañía, gozando da
natureza e a alegría dos nosos
máis novos membros, que pracer
camiñar ao seu lado.
Boas festas.
Grazas a todos e ata a próxima.
Un saúdo.
Morís.