Crónica
Rutas Semana Santa 2015
Nesta ocasión e aproveitando os
días festivos que propicia a
semana Santa, decidimos facer
dúas rutas distintas unha o
venres e outra o sábado.
Para o Venres eliximos a ruta
das capelas, saímos de diante do
concello e dirixímonos polas
rúas de Foz ata o campo
municipal de fútbol, alí
collemos o paseo de Malates ata
a fonte do souto en Mañente,
dende este punto pasamos baixo a
estrada xeral e subimos por unha
pista ata o cemiterio de
Vilaronte, para pasar por diante
da igrexa desta parroquia, e
camiñando polas súas rúas fumos
subindo ata a capela do Carme,
que se atopa na parroquia de San
Martiño, lugar elixido para
facer unha paradiña e repoñer
folgos. Xa co bandullo cheo,
encaramos camiño cara a Basílica
menor de San Martiño, para logo
encarar a subida a capela do
Bispo Santo, onde ollamos unhas
fermosas vistas de Foz e
recuperamos o alento despois da
subida. Neste punto iniciamos o
descenso cara a capela de San
Blas, xa en Vilaxoane, e dende
aquí hacia o peirao de Foz
diante da igrexa parroquial onde
puxemos fin a ruta de hoxe.
O sábado decidimos facer unha
ruta que pasando polo Castro de
Marzan nos achegou de novo a
capela do Bispo Santo, onde
fixemos a foto de grupo, para
logo encarar a subida cara o
Pico da Lebre, pero sin chegar o
cumio, na metade collemos a
pista que bordeando esta
montaña, nos a acercar a Fazouro.
Na Obra Pia de Fazouro, fixemos
a parada para comer, beber e
descansar un pouquiño. Dende
aquí seguimos a ruta das praias
que bordeando o litoral nos
levou a Foz, a praia da
Rapadoira, lugar elixido para
poñer o punto e final a este
día. Decidimos poñerlle o nome
de Ruta dos Nazarenos, por estar
na Semana Santa e parecer que
iamos en procesión.
Un saúdo para todos os que nos
acompañaron e fixeron que o día
fose moi agradábel.
Morís.