>  

 

Crónica

LIGA SENDEIRISMO DE GALICIA

FERVENZA DO REXEDOIRO, BEMBIBRE

Para despedir esta primeira liga, dirixirémonos o Val do Dubra, para realizar o roteiro Fervenza do Rexedoiro, ruta homologada PR-G202, da man dos nosos amigos do club de montaña Ferrol.


Concentrámonos no campo da feira e despois dunhas breves palabras do presidente da federación e do organizador explicando un pouco o roteiro, comezamos a camiñar. Imos cara a Rial e seguindo en dirección sur, imos atravesando fermosas carballeiras, que nesta época do ano están preciosas, con esas cores ocres, o chan tapizado de follas caídas, as cales nos proporcionan sombra neste día asollado. Chegamos á capela de San Juan, para desde aquí con rumbo oeste dirixirnos a Gontar, para encarar a zona do Rexedoiro e a súa fermosa fervenza. Aproveitamos para comer algo e así repoñer forzas, facemos unha foto de grupo e continuamos dirección sur cara á Insua, por camiños de pescadores e sendas paralelas ao río Dubra. Así chegamos ao campo da feira poñendo punto final a esta camiñada de hoxe, no mesmo lugar onde a iniciamos.


Subímonos nos coches e imos ata Ordenes para facer a comida de confraternidade, no restaurante casa Barreiro.
Fermoso día en moi boa compañía.


Un saúdo.

Morís.