Crónica

RUTA NOCTURNA 2026

Este ano despedimos os roteiros do verán coa nocturna, xa que para cando estaba programada, a choiva obrigounos a suspendela e aprazar a este sábado.

A noite esta xenial, moi boa temperatura. Reunímonos diante do concello, facemos unha foto de familia, damos unha breve descrición do roteiro e comezamos a camiñar. Saímos en dirección ao centro de saúde, para atravesar por eses prados, que ao carecer de iluminación permítennos camiñar usando as lanternas, para ver o carreiro. Que bonita estampa a fileira camiñando con distintas luces. Saímos á altura da entrada á praia de Llas, e paramos no chiringuito do Xoyma, onde nos espera un saborosísimo chocolate e uns anacos dun ricísimo biscoito. Desfrutamos estas ricas viandas sentados, desfrutando da magnífica vista nocturna da costa. Ao terminar continuamos a nosa marcha, polo paseo marítimo que bordea a costa ata a praia da Rapadoira. Que bonita estampa , unha serpe de luz que debuxa o perfil desta costa. Chegamos ao momento final do roteiro na Rapadoira, facemos unha última foto de grupo, e despedímonos, ata o próximo verán.

Grazas a todos por facer posible esta marabillosa noite unha vez máis.

Un saúdo e ata o próximo verán.


Morís.