Crónica
Levábamos escoitando os partes metereolóxicos que as
distintas cadeas de televisión e radio nos ían dando ao longo da semana.
Sempre con a dúbida si chove ou non chove. As oito e media partimos dende
Foz a Fonsagrada
con moitas nubes que facían presaxiar unha camiñada pasada por auga, era
a primeira do ano que íamos a facer con " bocata" e vendo que a
choiva ameazaba, moi ben pensado, a
nosa guía Ana xa tiña amañado cun restaurante para ,no caso de non
poder xantar durante o camiño, acomodarnos nel e así con máis
tranquilidade comer ao abrigo; foi unha idea moi acertada coma outras
moitas que ten esta moza tan entusiasta en todo con o que esta
comprometida. Nalgúns momentos da ruta a choiva e frío era a nosa
compañeira do viaxe, menos mal que xa vamos tendo experiencia e uns levan
capas, outros traxes de auga, e coma non roupa de reposto para cambiarse
no autobús ao remate da ruta. Dar a benvida a os novos socios/as que se
xuntaron, na miña opinión, ao bo grupo de senderistas que ruta a ruta
crece a amizade e compañeirismo entre todos. Despois de pasar por Vegadeo
subimos ao alto da Garganta para seguir pola estrada e entre curva
e curvas ata chegar a Santa
Eulalia de Oscos. Seguimos no autobús pouco a pouco pola estrada un
tanto estreita que nos achega a parroquia de Liñares de Bidul, en
A Fonsagrada.
En Liñares de Bidul e o comezo da ruta,
aínda non chovía, as once da mañá despois de colocar as mochilas, paus
e algúns os guantes tomamos o sendeiro á dereita rodeados de monte baixo
e en lixeiro descenso vamos facendo camiño entre algúns Alcornoques,
Pinos, Carballos, ata chegar á pintoresca aldea de Fornada, dende
este lugar pódemos ollar o grandioso río
Navia antes de chegar ao encoro de Grandas
de Salime, as vistas son impresionantes. Neste lugar idílico
levábamos unha hora e media de andadura e tíñamos a presenza das
primeiras choivas da mañá.
Seguimos pola cola do encoro, descendendo, ata
atoparnos co camiño da república unha obra verdadeiramente faraónica
feita aló polos ano 1928, pedra a pedra, que uniría Grandas
de Salime de Asturias con A Fonsagrada
de Lugo, sendo parada pola guerra civil do ano 1936. O grupo non se rende
con a choiva que caía e comeza o troco da indumentaria de cada un:
chuvasqueiros, capotas, gorros, en fin ben pertrechados para seguir o
camiño que a partir do paso por Fornaza seria todo nun leve
ascenso que fai alongarnos da beira do río.
Entre risos e algun que outro comentario con a choiva que
aunque suave era constante chegamos primeiro a casa da dirección da
compañía da Vega. Neste lugar fixemos a foto do grupo e despois dunha
pequena paradiña seguimos o camiño ao carón do río para chegar a Ferrería
de Vilar da Cuiña, construída pola compañía da Vega de Ribadeo
durante os anos 1793 - 1794. O reloxo xa marcaba as 13,30h. Algúns
prefireron seguir o camiño que facer unha visita as vellas instalacións,
hoxendía convertida en área recreativa e onde íamos a xantar. Foi unha
pena pero o mal tempo non permitía pararse e disfrutar do fermoso paraxe,
a choiva era cada vez maior e tíñamos gañas de chegar ao remate da
ruta.
Mollados como Deus manda seguimos gozando do entorno
montañoso que nos facía sentir o pouco que somos ao lado da grandeza da
natureza que nos ía envolvendo, Sorprendíanos gratamente a beleza da
cunca do río
Lamas afluente do río
Navia, con algúns regatos e pequenas fervenzas que atopamos durante o
camiño.
A os novos socios/as noraboa: estivestes á
altura das circunstancias, sen poñer unha soa mala cara con o día que
elixistes para integrarvos no grupo. O sendeirismo e así, non hai nada
que se poda facer coas inclemencias do tempo.
Seguimos ata rematar a estrada da república e
seguir polo sendeiro que íanos achegar a os derradeiros metros onde
atopamos unha ponte e a estrada asfaltada, na praia de Naraxa, lugar onde
remata a nosa andaina. Eran as dúas e media. O autobús estaba
esperándonos maxestoso, mentres nós, anegados de auga de pes a cabeza,
cambiando onde podíamos as roupas, calcetíns, algúns en "gayumbos"
no medio da paisaxe.
Todos no autobús partimos por unha estrada chea de curvas
costa arriba cara a Fonsagrada
para compartir mesa e mantel na
pulperia "O Candal", por certo ¡¡ chapo!!. Nin que dicir
ten que moitos levamos os bocatas de volta para casa, preferimos unhas
racións de Polbo á feira e uns grolos de viño que ben o tíñamos
merecido.
As catro e media partimos da Fonsagrada.
¡¡seguía a choiva !!, votamos uns cantares e as seis e media chegamos a
Foz sen novidade.
Un saúdo
José
Luís
|