Crónica
Este ano programamos dúas rutas
unha dende San Estevo do Ermo
ata Foz, e a outra dende A
Cazolga ata Foz.
O venres partimos cara a terras
de Barreiros, para camiñar ata o
San Estevo do Ermo, a maña
amenceu cuberta e cando
comezamos a camiñar, púxose a
chuviscar e non parou en toda a
marcha. Deixounos o bus no
comezo da pista forestal que
chega ata a capela, o camiño e
doado e en descenso, todo
flanqueado de eucaliptos e
piñeiros, imos todos ledos
falando, os pícaros pequenos que
nos acompañan, van xogando e
falando cara a capela. Dende alí
collemos o sendeiro que
bordeando o rego de Santo Estevo
nos achegara ata a fervenza,
sempre rodeados de castiñeiros,
carballos, salgueiros e fieitos
do terciario. Esta capela e do
século XVIII, a orixinaria data
dos século IX-X.
Na base desta fervenza cun salto
duns 15mts. facemos a foto de
grupo, así como as individuais
ca cascada de fondo, subimos
polas escaleiras da nosa dereita
ata a metade da caída do salto,
e dende o miradoiro que se atopa
alí disfrutamos das vistas e
facemos mais fotos, seguimos
subindo ata a parte superior da
fervenza, xusto onde cae auga o
baleiro ata as rochas do fondo,
neste lugar atopamos a fonte de
Santa Ana, que segun conta a
lenda quen cun pano de tea
mollado nas súas augas, frote a
súa pel, o anude nunha rama de
calquera arbore do lugar, seus
males da pel desaparecerán cando
o pano se desintegre. Dende este
punto descendemos polo sendeiro
da esquerda, neste camiñar
atopamos a fonte ferruxinosa,
con poderes curativos, mais
adiante a nosa esquerda atópanse
as ruínas do cemiterio, capela e
vivendas dos ermitáns que
habitaron o lugar, neste caso
eran mulleres, así pasiño a
pasiño chegamos a capela,
descendemos pola pista da nosa
esquerda bordeando o rego, para
chegar baixo a ponte da
autoestrada, pasaremos por un
pasadizo baixo a estrada de
Trabada para dirixirnos ata
Barreiros onde colleremos o
camiño do mar ata Foz, fin da
ruta de hoxe.
Para o sábado escollemos a ruta
da ribeira do Masma, somos menos
que onte, seguro que a culpa foi
da predición do tempo,partimos
de diante da capela da Cazolga,
dirixímonos cara a veira do
Masma, e unha pista forestal
ancha. Tras deixar atras a
Cazolga o primeiro que atopamos
son viveiros de plantas
ornamentais, despois unha
parcela con cereixos, para
continuar o camiño rodeados de
eucaliptos. Mentres camiñamos
atopamos restos de casas
abandonadas, recordo dun pasado
rural mais florecente. Esta ruta
de hoxe coincide con parte do
que é a senda de San Gonzalo,
por iso esta tan ben o firme do
camiño. O sendeiro achéganos a
veiriña do rio, casi podemos
mollar os pes, canta forza leva
a auga do Masma, so cun rumor
moi agradábel. Por fin chegamos
ata o muro da presa da central
hidroeléctrica que funcionou no
século pasado, para dar luz as
casas da contorna.
Magoa que a presa este chea de
arbores ramallos e outras cousas.
Seguimos bordeando o rio ata o
seguinte salto, lugar elixido
para facer a foto de grupo.
Dende aquí xa imos pola estrada
que nos levara ata a Espiñeira,
iso si antes de entrar na
Espiñeira contámoslle os nosos
compañeiros de viaxe que se
atopan sobre os restos dunha
explotación de ouro Romana.
Na Espiñeira facemos a parada
para repoñer folgos, comer algo
e beber, dende aquí por as
pistas da concentración
parcelaria dirixímonos cara a
Mañente onde colleremos a senda
do camiño do Mar que nos levara
ata Foz, fin da ruta e onde nos
despedimos dos amigos que nos
acompañaron hoxe, con un ata a
próxima, que sexa pronto.
Un saúdo,
Morís.