Crónica

Na plaza de Galicia xuntámonos un grupo de animosos sendeiristas con gañas de percorrer o derradeiro roteiro que Os Sendeiros de Foz organizaron para este verán de 2018. O día presentase soleado con unha brisiña de Este.


Despois de comprobar que non faltaba ninguén comenzamos a camiñar dirixíndonos hacia a Avenida de Cervantes para mas adiante coller pola Rua do Asilo que nos leva ata o coqueto barrio de Marzán . Vamos avanzando pola Rua Catro Calles, admirando a beleza das suas cuidadas casas, pasamos por Siero coa fonte que data do ano 1956, vamos pola Pena Parda, rente o apeadeiro de FEVE e aproveitamos para comentar o mal funcionamento de este transporte público.


Collemos á esquerda pola Rua da Zoca e vamos cara a Forxán por unha pista asfaltada. Según vamos subindo tamen vamos disfrutando das vistas da costa e do mar con unha preciosa tonalidade azulada. Deleitamonos observando o gando vacun que apaciblemente pace e sestea nos prados a ambos lados da pista, observamos unha numerosa gandería de leite e, mais diseminados, magníficos exemplares que se dedicarán a carne. Obervamos diversos árbores con froita: maceiras e pereiras, pero tamén figueiras cos figos xa nacendo que nos deixan un agradable recendo según vamos pasando.


Xa entrando nos límites de Fazouro tomamos un camiño de terra, ancho e fácil de camiñar que nos levará pola Granda, por detrás do polígono industrial, ata desembocar na carretera da Fonte da Aldea. Aquí disfrutamos da beleza que o Río Ouro nos ofrece cos seus meandros, así como das casas con cuidadas fincas. Todo elo fai de Fazouro un dos mais fermosos paraxes do municipio.


O chegar á Fonte da Aldea collemos á esquerda polo camiño que, pasando enfrente da Obra Pia nos conduce á Area Recreativa. Alí fixemos unha parada técnica aproveitando que dispon de servizos.


Despois de unha foto de grupo cruzamos o río pola Ponte de Ferro e camiñamos polo paseo que conduce á desembocadura, lembrando un vídeo que se fixo viral: unha gran ola entrou río arriba, por encima do paseo, e aquela exclamación: “Pápame redonda” Resultou que todo o mundo o vira.


Mas adiante collemos á esquerda pola carretera da Pampillosa, seguimos polo Camiño do Porto e por diversas pistas que nos levarían ata o Castro de Fazouro. Ali fixemos unha parada un pouco mais longa para repor forzas e admirar este enclave arqueolóxico. Tamén nos deleitamos coas vistas da costa e da Praia de Arealonga.


Despois da foto de grupo de rigor, iniciamos a marcha desandando o andado, pero desviándonos á carretera xeral para cruzar o río pola pasarela peatonal. Baixamos á área recreativa da Pampillosa e comenzamos a subir polo Camiño de Caldouceiro e mais adiante polo de Corbelle ata desembocar rente ó Camping de Peizás. A partir de aquí continuamos hacia Foz seguindo a Ruta das Praias, moi concurrida por camiñantes e runners, e que nos permite admirar as praias de Peizás, Llas e da Rapadoira.


E así disfrutamos deste roteiro con unha mañá soleada e unha brisiña suave de Este que nos refrescaba e evitaba que sufriramos os rigores que nos puidera producir o sol.


E con este roteiro rematamos a campaña dos Sábados de Verán que Os Sendeiros de Foz ofrecen a nativos e visitantes como un xeito de disfrutar do noso entorno dun xeito saudable e como alternativa á Praia

Ata o próximo roteiro!

David Méndez