Crónica
RUTA MONDIGO
Para o roteiro
deste mes ímonos a achegar a
Ribadeo, levaranos ao alto do
Mondigo. Nesta ocasión, somos un
grupo pequeno, debido á as
limitacións da pandemia. O día
non acompaña, está o ceo gris,
fai vento e en ocasións chove-
Po xa o apuntaban as previsións,
pero non podemos faltar á nosa
cita.
Xuntámonos en Acevedo, onde
damos as indicacións oportunas
sobre o roteiro, así como
lembrar o protocolo anticovid.
Collemos dirección oeste, por
unha pista rodeada dunha
frondosa vexetación, este comezo
é con desnivel suave e positivo,
ata chegar ao primeiro
cruzamento que iremos pola nosa
esquerda, e comezaremos o
ascenso ata a devasa, primeira
parte pista estreita, ata chegar
a unha pista ancha que atravesa
un piñeiral, de novo iremos cara
á esquerda, e así aos poucos
imos gañando altura ata chegar á
meseta na que está a devasa, que
pola pista paralela seguiremos
dirección Cereixido, agora
tócanos empezar a subir de novo
dirección Catoril e a base do
Mondigo, é unha pena do día que
non nos permite gozar das
vistas.
Unha vez na cima, paramos a
repoñer forzas, tomando algo e
bebendo, como non podemos gozar
da espectacular vista desde esta
atalaia, a parada é breve e
comezamos o descenso, para
seguir o mesmo camiño que nos
trouxo á cima. Unha vez onde
deixamos os coches decidimos ir
comer ás nosas casas xa que
segue chovendo e esta todo
mollado.
Grazas a todos por este
magnífico día, e ata a próxima
saída.
Un saúdo.
Morís.