>  

 

Crónica

V DIA DO SENDEIRISTA DE GALICIA, SERRA DO GALIÑEIRO


Nesta ocasión dirixímonos a terras pontevedresas, concretamente á serra do Galiñeiro, que é o lugar elixido polos organizadores para celebrar este evento.


Concentrámonos na ermida da virxe das neves, aos poucos xuntámonos senderistas de toda Galicia, un centenar. Tras unhas palabras do presidente da federación, a presidenta de Montañeiros Celtas, explícanos como será o día de hoxe, preséntanos aos guías da actividade e comezamos a camiñar, un carreiro moi cómodo, rodeados de arboleda, piñeiros, castiñeiros, carballos. Comezamos baixando polos muíños de Mosende, reliquias dun pasado agrícola, hoxe en desuso. Estamos rodeados de árbores autóctonas, musgo, fentos e un agradable rumor das augas deste río que alimentaba a estes muíños, bastante ben conservados, non así as conducións da auga.


Chegados á estrada viramos á dereita e comezamos a subir en dirección As Filgueiras, subimos augas arriba, sorteando os muíños de Chenlo, preciosa vexetación, relaxante rumor das súas augas e preciosos saltos de auga. Continuamos ascendendo camiño do pico Caldeiron, onde temos unhas espectaculares vistas, das Cies, Baiona, O Porriño e ata Portugal. Baixamos e dirixímonos por unha pista ampla ata un precioso merendero rodeados de piñeiros. Bordeamos a cima do miradoiro da ermida, subimos pola estrada ata os aparcamentos da ermida e poñemos punto final ao roteiro de hoxe.


Collemos os coches e imos á tapería Baxiña, lugar onde faremos a comida de confraternidade, aproveitamos para saudar e falar cos amigos dos outros clubs entre tapa e tapa, xenial comida. Ao rematar a mesma unhas palabras do presi da federación para clausurar e tamén unhas palabras da presidenta de Montañeiros Celtas, para despedirnos.


Bonito día, grazas a todos por esta magnífica xornada.


Un saúdo.


Morís.