Levábamos o río Trubia todo o camiño de compañeiro, máis unhas zoas de
prados moi ben coidados, limpos e con árbores frutales en moitos deles. Algunha
mazá comimos e estaban boas. A senda ía transcorrendo sen problema ningún. No
km. 11 cruzamos a estrada por unha ponte de ferro e, adentrándonos en varios
túneles escavados nas montañas deste belo paisaxe.
Seguimos camiñando ate chegar a Proaza, poboación onde se atopa o
museo adicado ó Oso. Neste momento xa levábamos uns 15 km. O grupo de cola
íamos un pouco rezágados, e atopamonos con Pablo que se encontraba cunha
lesión nos pés porque lle mancaban as botas. A verdade é que non iba ben.
Pouco a pouco todo o grupo o fumos animando, xa faltaba pouco para chegar a Villanueva,
lugar onde íamos a parar para xantar. Pasamos ó lado donde se podía ver a
famosa parella de osos, pero por máis que o intentamos, nese momento non
saíron ó noso encontro. Nos comentaron que tiñan unhas horas para poder
velos, cando baixaban na busca de comida, sobor das 12,30 h e as 05,30 da tarde.
Pensamos que sería mellor xantar primeiro na área de descanso. Xa eran as 3
da tarde e había fame no grupo. Sin máis compartimos as empanadas de bonito e
carne, bolos preñaos, queixo, xamón e viño, bebida tal vez un pouco escasa.
Para a sobremesa degustamos un bó licor de 7 herbas, xentileza de Aurita que o
trouxo de Cataluña. Benito para fastidiar a Aurita decía que ó licor non
valía nin para limpar as brochas.
Despóis do merecido descanso e amena sobremesa, emprendemos de novo a marcha
cando eran máis das tres e media da tarde, xa que aínda nos quedaban por
percorrer uns 4 km para chegar ó remate da senda en Tuñón. Antes
pasamos polo pobo de San Adriano que segundo unha faladora anciana,
díxonos que se levaban moi mal cos veciños de Proaza, pois querían
todo o protagonismo dos famosos osos somentes para eles. No final da senda
estaba esperándonos o autobús para voltar a visitar a parella de osas
Petra e Tola, que saían a xantar de novo as cinco e media. Mentras uns
foron velas, outros decidimos qudarnos nunha taberna e seguir con o noso
descanso. Os nenos voltaron tolos de contentos, e cheos de ledicia; por
fin contemplaran as osas no seu hábitat, xantando unha boa merenda a base
de mazás. |