Crónica

Ruta das Minas, A Pontenova

Para este mes decidímonos por achegarnos A Pontenova, e andar o roteiro das Minas. Concentrámonos na praza dos Fornos, á primeira hora da mañá, unha breve descrición, unhas normas básicas polo covid e a camiñar.


Comeza o roteiro fronte á antiga estación do tren, hoxe oficina de turismo, xunto aos fornos de calcinación, o que lle dá o nome actual á praza, Praza dos Fornos. Toca subir neste inicio de roteiro, uns 750 m, é a parte máis dura do roteiro, para continuar por un carreiro, rodeados de frondosa vexetación. Chegamos onde arrincaba o teleférico que trasladaba o mineral, chamado Tranvía Aéreo, continuamos baixando en zigzag, ata chegar á boca mina, da Mina Consolo, viramos á esquerda, por un pequeno túnel graduado, salvando un desnivel, para atravesar un túnel duns 12m. Seguimos o carreiro á saída do túnel e por unha pista forestal en descenso continuamos, na bifurcación pola dereita. Esta pista levásenos ata a capela de Pacios, desde esta subiremos ata a aldea de Pacios. Continuamos por pistas de fácil transito ata a beira do río Turía, que cruzaremos e encamiñarémonos á igrexa de Conforto.


Este é o punto elixido para parar e repoñer forzas tomando algo. Continuamos a marcha pola beira contraria á que nos trouxo ata Conforto, en primeiro lugar pasaremos por San Mamede, continuamos e chegamos a Boulloso, aquí o camiño case vira 360 graos, para achegarnos onde aterraba o tranvía aéreo, atravesando o túnel alí existente, chegaremos ao forno de calcinación de Boulloso. Neste punto enlazamos coa Vía Verde d


Quedamos a comer na Pontenova, xa que pola tarde pretendemos achegarnos ao novo roteiro que están a preparar, Muiñeiro Namorado, din que é espectacular. Despois de comer, collemos os coches e imos ao comezo do roteiro, ameaza tormenta, pero decidimos arriscarnos o roteiro meréceo. Botamos a andar, xa nos primeiros pasos aprécianse restos de muíños, canles, o rumor da auga e unha vexetación exuberante, imaxinámonos estar nun bosque máxico. Mágoa que a tormenta nos obrigue a suspender o roteiro e non a podamos acabar, bo iso déixanos a obrigación de volver. Volveremos meréceo.


Grazas a todos por este día tan fermoso.

Ata a próxima
.


Morís.