>  

 

Crónica


Belén de Cumes 2022.


Un ano máis e coincidindo co inicio da época do Nadal, imos colocar o noso belén no pico dunha montaña, este ano volvemos repetir o Monte Castelo en Ferreira.


Concentrámonos en Ferreira no matadoiro, para agruparnos en coches e dirixirnos ao punto de partida, ao barrio de Rozas, onde deixaremos os coches á beira da estrada, e comezaremos a subida ao pico por unha pista de saburra. Somos un grupo duns 25, entre maiores e nenos, que son os que máis ilusionados van. A subida levase ben, non é moi esixente e como vimos gozar o ritmo é suave e permítenos gozar das vistas. Acompáñanos un forte vento de sur, que ás veces dificulta o camiñar, pero chegamos á base do pico. Temos un pequeno chairo, por un caminito de terra e herba, que nos aproxima ao tramo máis empinado entre rocas, polo que faremos o último ascenso ata a cavidade onde depositaremos o Belén, para que quede protexido das inclemencias. Serán os máis pequenos os encargados de colocar as figuras que forman este nacemento á súa maneira. Facémonos unha foto de grupo e comezamos o descenso, xa que o forte vento impídenos gozar da paisaxe por precaución. A metade de descenso nun punto chairo e abrigado polos eucaliptos, do forte vento, en metade do camino, montamos unha mesa, cunha empanada e uns doces, para repoñer forzas, enchemos as nosas cuncas de campaña, con sidra espumosa sen alcol e brindamos por estas festas e o próximo ano. Recollemos todo e baixamos ata os coches para poñer punto final ao roteiro de hoxe.


Grazas a todos, felices festas e próspero aninovo.


Un saúdo
.

Morís.