| |
Album
de Fotos
|
Andareiro 6
Ruta das
Pedras Apañadas
A
Fonsagrada - Lugo
Día
20 de Marzo de 2005
Saída
as 08:00 da mañán
Duración:
5 h |
A Fonsagrada está ubicada no extremo centro-oriental da
provincia de Lugo, formando un conxunto montañoso que constitue unha
fronteira natural con Asturias.
Comeza a ruta na cima das Pedras Apañadas, entrada en Galiza do
Camiño Primitivo de Santiago dende Asturias, e que alcanza unha altura de
1203 m. sobor do nivel do mar. Pódense contemplar as panorámicas máis
sobrecolledoras; desde este punto dominanse horizontes ilimitados
con fermosos vales do lucense concello de Nogueira de Muñiz e do
asturiano Santa Eulalia dos Oscos. Segue a ruta ao porto do Acebo (1024 m)
en contínuo descenso pasamos polas aldeas Cabreira, A Follabal, Fonfría,
Barbeitos, Silvela e Paradanova; en todas elas pódese contemplar unha
mostra da típica construcción das aldeas da zona. Así vamos chegando á
capital do concello, A Fonsagrada. |
Ana e
Nelly a semana antes |
Crónica
As oito en punto tomamos a saída de Foz un grupo de 42 Sendeiros á
aventura por terras da Fonsagrada. O día amenceo con bó tempo e podíase
ver certo nervosismo entre os novos andantes. Partimos en dirección a
Vegadeo para subir á Garganta e no alto tomar a carretera que pasa por
Santa Eulalia de Oscos, terra donde naceu o insigne Marqués de Sargadelos,
D. Raimunde Ibañez, para coller a dirección a Fonsagrada.
Antes de chegar á vila collemos a C-630 para chegar a O Acebo, donde
deixamos o autobús e con as mochilas ao lombo comezamos a marcha cara ó
alto das Pedras Apañadas (1204 m). No alto contemplase uns bonitos
paraxes, pondéndose divisar os concellos de Nogueira de Muñiz e Santa
Eulalia de Oscos.
No cume tiñamos coma testigos a uns 12 eólicos maxestuosos que
impresiona estar preto deles, con o seu xirar das aspas e o ruído que
fan. Comeza o descenso e podíase ver aínda nas ladeiras os restos da
neve dos días anteriores. Pouco a pouco vámonos adentrando na senda que
nos leva en contínuo descenso entre unha variedade de árbores e
vexetación. A ruta ten pouco atractivo turístico e, por algunha zona,
ate ceto abandono en canto a limpeza e sinalización.
|
Mª
José, Pili e Mari |
Alfredo,
Mª José, Pili |
Grupo
Os Sendeiros |
Ao paso por un grupo de vivendas, no medio do camiño
había esterco tirado que fedía bastante. Segue a ruta en chao e, a uns
dous kilómetros do final, atopamos unha forte pendente que o grupo non
recibiu con moito agrado pois xa tíñamos como dazasete km nas pernas e
non estaban para grandes esforzos.
Pasamos por unha ponte de madeira e no último tramo da subida podíase
ollar un regato sen tapar con augas residuais das casas colindantes,
deixando un fedor insoportable.
As duas e media da tarde chegamos a Fonsagrada. Despóis de andar dende
as dez da mañán, a verdade é que todos os compoñentes do grupo
estabamos un pouco cansos. Rápidamente fomonos cambiar a camiseta no
autobús, e lavar un pouco a cara, e como o estómago non perdoa,
achegámonos ó restaurante "Os Chaos" donde nos estaba
esperando un suculento "Cocido da Montaña Luguesa".
Entorno a unha mesa alargada sentámonos os 42 sendeiros e, entre
algunha risa e comentario, fumos pouco a pouco degustando os exquisitos
manxares: botelo, cachola, lacón, chourizos, todo elo acompañado duns
ben cocidos grelos e regado con viño a esgalla. De verdade daba gusto
ollar a mesa chea dos productos do porco, sin cortar, todas as pezas
enteiras, e aqueles grelos con aquel refrito de allos e pimentón que
sabían coma manteiga. |
|
Antonio
e David |
Grupo
Os Sendeiros |
Despóis de dar boa conta ta comida e disfrutar dunha longa
sobremesa emprendemos a marcha camiño do Museo da Vila. Non e moi grande,
pero e recomendable visitalo pora variedade de cousas curiosas que se
poden ver nel. Por exemplo, "A morte innecesaria", que
representa a un soldado morto na II guerra mundial metido nunha caixa e
coberto de sal, que impresiona nada mais velo; e obra dun artista local.
Tamén hai áperos do medio rurarl, pinturas, ferramentas dos antigos
carpinteiros e de mecánicos, e un sinfin de cousas de outras épocas;
incluso hai unha aula de escola dos anos 50, a que non lle falta ningún
detalle : a bola do mundo, o crucifixo, a foto de Franco, a percha para
colgar os mandilós, os pupitres cos seus tinteiros para mollar o plumín...
en unha palabra, tiña todo o que se podía atopar nunha aula en aqueles
tempos. Os que os vivimos, fixonos recordar con nostalxia.
Despóis da interesante visita e baixo unha boa chuvia que nos estaba
esperando, subimos todos os sendeiros ó autobús para emprender o
regreso. A máis de un empezáballe a lingua a ter sede e facer efecto o
cocido no estómago, pero para iso xa tiñamos pensado facer unha
paradiña no camiño e tomar algun refresco que nos poidara aliviar a
pesadez que levabamos nos nosos corpos. A viaxe de regreso ía facéndose
ben e ó chegar a Castropol paramos como media hora, e a verdade é que
nos fixo moi ben, ainda que case acabamos con as existencias de líquido
que tiñan no bar.
De volta ó bus emprendemos a ruta hacia Foz, chegando sen novedade
sobor das sete da tarde. |
|