Crónica
XLIII MARCHA DE VETERANOS NACIONAL.
A edición deste ano celebrase en
Parada de Sil, nesta fin de
semana xuntámonos mais de
trescentos participantes.
Todo comeza o venres ca
recepción de participantes e a
entrega da documentación e
agasallos, unha xuntanza dos
delegados para falar de todo o
relacionado ca marcha e a
elección das vindeiras
localidades organizadoras. O
remate unha cea de
confraternidade, e despois para
a cama a descansar, maña temos
que camiñar cedo.
O sábado téñennos o almorzo
cedo, pola carpa habilitada imos
pasando todos tomar algo para
coller folgos, unha vez
rematados os discursos das
autoridades comeza a marcha.
O percorrido parte de Parada,
imos por sendas bordeadas de
castiñeiros, carballos e toda
unha exuberante vexetación, que
nos proporciona sombra para
aliviar o calor, así coma nos
deixa unhas vistas moi fermosas
e idílicas. A marcha atravesa
pequenas aldeas, cas súas
belezas e curiosidades, coma a
fonte da xuventude, pasamos
entre as viñas desta Ribeira
Sacra, que se están a vendimar.
Antes de chegar os Balcóns dos
Mouros (de Madrid) a
organización tennos dous
avituallamentos, para repoñernos.
Neste lugar temos unhas vistas
incribles dos Canons do Sil,
Fotos que inmortalizan o paso
por este lugar.
Dende aquí continuamos bordeando
o Sil cara o mosteiro de Santa
Cristina, no camiño atopámonos
con aldeas, bancadas con
castiñeiros, e a vexetación
típica do canon, madroños , etc.
No mosteiro espéranos un novo
avituallamento, admiramos a
beleza deste monumento, como non
mais fotos para deixar
constancia da nosa presenza no
lugar.
Comezamos a recta final da
marcha de hoxe, iso si cunha
pequena ascensión, ata Castro,
continuamos o camiño entre
castiñeiros e carballos pasando
por corredoiras cheas de musgo e
a derradeira aldea abandonada,
Chamoso, e así chegamos a Parada
fin do camiño.
Mentres esperamos a que cheguen
todos os participantes
aproveitamos para pasear polo
pobo, tomar algo e mercar algún
produto típico. as 14:30h comeza
a entrega de premios e o reparto
dos regalos do sorteo, as tres
en punto pasamos a carpa para
xantar todos xuntos.
Xantar de confraternidade onde
falar os uns cos outros, onde
facer novos amigos e compañeiros
de futuras aventuras. Cando o
bandullo esta cheo comezan os
cánticos colectivos que alegran
a sobremesa.
Chega a hora das despedidas,
pouco a pouco imos marchando
todos, ímonos despedindo, cada
un tense que ir para a súa terra,
houbo xentes de tódolos rincons
de España.
Temos que dar as grazas a
organización un dez, foron moi
amables e fixéronnos sentir coma
se estiveramos na casa.
Deica o ano que ben, que será
por terras andaluzas.
Un saúdo,
Morís.