Crónica
Por fin pódese testificar que levamos a
cabo a ruta polo
río Centiño en
Foz ata Vintin, barrio da parroquia de
San Martiño. Para nós quedará coma unha experiencia inolvidable ver a
cativos de todas as edades xunto cos seus pais compartindo un día de
senderismo.
Saímos ás 10 da mañá, diante do
concello formamos un grupiño de corenta andarís con moitas gañas de
coñecer uns dos lugares máis bonitos de
Foz. Fomos pola rua Alvaro
Cunqueiro e no final cruzamos a avenida de Lugo para coller o camiño
vello que nos leva á senda de Malates disfrutando da beleza da ría de
Foz, en Vilaxuane pasamos a ponte de madeira e a dereita collemos o
sendeiro que pasa por debaixo da ponte da estrada N-632. Neste punto os
nenos pasáronno pipa ó ter que pasar por riba do río por unha ponte de
madeira que para a ocasión nos fíxo o señor Manuel do muiño de Amadora
que moi xentil e amable xunto coa sua dona non tiveron ningún reparo en
darnos a coñecer o seu muiño de tres moas. Púxoo a andar e
tanto nenos coma os maiores quedamos sorprendidos o ben que moían os grans de
trigo e millo. Moitas grazas a este matrimonio tan amable.
Seguimos o camiño pasando a carón da
capela de San Blás onde ollamos o segundo muiño chamado de A Mariña,
este tramo hai que facelo pola estrada ata chegar ao muiño de Leandro en
Porto, unha obra preciosa de pedra rodeada multitude de Hortensias en flor.
Cruzamos a ponte do FEVE para adentrarnos no muiño de Longarela, o seu
entorno e de postal con o tunel que pasa o río o canal do muiño e a sua
vexetación, no pensades que os nenos ían cansos ¡que va! estaban tolos
por seguir meténdose no río. Fixemos un pequeño examén para saber si
sabían o nome dos muiños que íamos vendo e máis de ún sabía os nomes.
A Ruta sigue polo sendeiro feito estes
días a beira de río tendo que ir librando ás alambres dos cerres da
algunha finca que íamos atopando, chagamos ao muiño de Andrés e un
pouco máis adiante ao muiño de Sindo e chegar a bonita área de descanso
preto do muiño de Anxel do Sal, aquí facemos unha paradiña ao mesmo
tempo contemplar a fermosa área e o seu entorno que estan a piques de
rematar a Escola Taller de Foz.
Despois do pequeno descanso os cativos xa
non aguantan máis parados e querer seguir dandolle as pernas, cruzamos a
estrada que vai a Xinzo e pasamos por unha ben coidada horta para
adentrarnos ao monte de grandiosos eucaliptos que nos deixan coa boca
aberta a súas alturas e tamaño de os troncos. Vamos sempre conducidos
pola guía Ana, e de vixilantes Roberto Morís e Pereira e máis atrás
coma sempre José Luis polos Sendeiros que xunto con os pais dos pícaros
ían controlando ó grupo.
Seguimos polo medio do monte ata
chegar a os muiños de D. Balbino para achegarnos a Vintín onde xa estaba
esperando a os ruteiros o Can da casa Oswaldo, sempre o pastor alemán
encantado por encontrar a xente polo seu territorio, xugamos con o can e
de volta polo mesmo camiño para achegarnos de novo a área de descanso do
muiño de Anxel do Sal para
dar conta duns pequenos bocatas e refrescarnos tamén.
Falamos e comentamos para facer algún día
este percorrido tan descoñocido para moita xente. Darlle as grazas as
ANPAS do Colexio do Pilar e os grupos escolares nº 1 e
O Cantel de Foz. Tampouco
quero esquecerme da colaboración dos pais dos nenos quenes en todo
momento fixeron que o paseo fora moi agradable.
Ata a próxima.
José Luis
|