Crónica

V ENCONTRO ASTUR – GALÁICO
POL – LUGO
DOMÍNGO, 19 DE ABRIL DE 2015

Os Sendeiros de Foz no pudieron elexir mellor opción que a de pasar un día de senderismo por terras de Pol (Lugo).
Eu en particular sabía que era unha decisión acertada pola amizade que gardo con os nosos compañeir@s do grupo Roteiros de Pol, en especial con Belén.
Sobre as 9,30h. chegamos a Mosteiro, capitalidade do concello, e coa música das gaitas do grupo “Leña Verde” éramos recibidos todos os grupos que participaban neste evento.
Deunos a benvida o Sr. Alcalde agradecendo a participación e esperaba que gardáramos un bo recordó do concello que representa.
Os grupos de senderismo de Asturias: La Luz de Avilés, Pandela de Vegadeo, Estoupo de Luarca, Peña Furada de Navia, La chiruca de Cudillero, Marqués de Casariego de Tapia, y de Galicia : Os Roteiros de Pol, Os Sendeiros de Foz, Pasomiudo de Valadouro, formamos un pelotón multicolor de uns 500 senderistas.
Ás 10,15h. partimos, uns a facer a ruta longa (19 km.) e outros a máis corta (14 km.).
Saímos de Mosteiro e despois dos primeiros 4km. estaban esperándonos na capela As Neves a organización para darnos un tentepé a base de café quentiño e unhas roscas caseiras que levantaba o ánimo ao máis pintado. A capela As Neves considérase do século XVII na honra Nsa Señora Das Neves.

 SAM_4914  SAM_4916  SAM_4918  V Encontro Galaico-Astur de Pol (Lugo)


Tomamos o café e as roscas e seguimos o camiño, mergúllendonos nunha fraga das distintas especias de árbores : Carballos, castiñeiros, fresnos, etc… sendeiro moi bonito e bo piso que sempre agradecemos os senderistas.
Acaba o sendeiro e pasamos a unha pista forestal e atopamos a fonte de Sambade, famosa polas súas augas férreas.
Durante o camiño, agora por pistas de asfalto, pasamos pola parroquia Lea onde pódese ver o muiño de Páxaro, Escudo da casa Vilar, e máis adiante casa de Carballo, cun cruceiro incrustado nunha parede formando parte do muro, do ano 1793, Igrexa de Lea do século XIX.
Un concello que basa a súa economía principal na agrícultura e gandería, non podía ser de outra meneira, as grandes extensións de campiña que tíñamos durante todo o percorrido.
Vastos campos ben coidados, gado vacuno pastando, forman unha postal para gardar na memoria.
A ruta era sinxela eo bo tempo que nos acompañaba, facía entre risos e contos que o camiño fora menos duros a pesar dos kms que levábamos nos pés.
Levamos uns 10 km. e xa avistamos Mosterio o punto final da ruta, pero antes temos que pasar pola Igrexa de Arcos do século XVIII. No seu exterior ten un reloxo de sol. Seguimos a caminata pasando ao lado do cruceiro de Ventín. Ás portas de pobo, unha fermosa área recreativa o Muiño do Pazo, un pouco máis adiante chegamos a Carballeira de Mosteiro remate da ruta.

 V Encontro Galaico-Astur de Pol (Lugo)  V Encontro Galaico-Astur de Pol (Lugo)  V Encontro Galaico-Astur de Pol (Lugo)  V Encontro Galaico-Astur de Pol (Lugo)


Na fermosa carballeira, no centro do pobo, os organizadores teñen montada unha xigante carpa para o xantar dos participantes. Pero antes, como de costume, vamos un pouco a asearnos, e tomar uns viños antes do xantar.
Na carpa todo estaba preparado para pasar un bo día de amizade, todo en orden, mesas, cadeiras, cubertos, en fin, soamente faltaban os comensales para o disfrute do momento.
Pouco a pouco íamos chegando os distintos grupos e, cada un tiña o sitio asignado. A lo menos uns 30 voluntarios eran os que servían o xantar: Empanadas, callos, polo ao forno, queixo e membrillo, e xelado, café. Unha organización perfecta que fixo que pasáramos unha velada moi bonita.
Despois do xantar, de remate da festa, Os Routeiros brindáronnos unha gran queimada acompañada de música en vivo que fixo que todos nos lanzáramos a pista a bailar sen parar. Entre a queimada eo baile xa empezaban a sobrar os chaquetós por momentos.
Por todos os grupos non se oía outra cousa que halagos e máis halagos do bon recibimiento e trato que este grupo OS ROTEIROS de POL nos deron.
Os Sendeiros de Foz queremos darvos as grazas por todo, e vos esperamos en Foz en Setembro, esperando poder cegar a vossa altura.
GRAZAS.

José L. Suárez.