>  

 

Crónica

Ruta da Cangrexa


Para este roteiro do mes de decembro dirixímonos a terras asturianas, á contorna de Luarca, onde faremos o roteiro costeiro, da Cangrexa.


Concentrámonos xunto ao restaurante Canero, despois de equiparnos, comezamos a camiñar en dirección á praia da Cova, seguindo o curso do río Esva. Xa na praia collemos o carreiro que bordeando a costa en dirección oeste, faranos gozar das magníficas vistas. Desde o alto do cantil vemos á nosa dereita o cabo de Busto e pola nosa esquerda, por onde camiñaremos hoxe a costa ata Luarca. Baixamos á primeira das praias que visitaremos, a praia dos Muíños. Toca subir de novo ata a parte alta destes impresionantes cantís, para continuar ata a praia da Polea. As subidas e baixadas ás distintas praias están protexidas por eucaliptos e piñeiros facendo unha bonita senda. Chegamos á praia de Chao para continuar ata a de Portizuelo, onde faremos unha pequena parada para comer algo e repoñer forzas. Subimos por un belo carreiro de piñeiros eucaliptos, castiñeiros e carballos, tapizados por un manto de follas caídas e musgos moi verdes, que fan máis alegre a subida ata Barcia. Desde aquí tomamos rumbo este cara a Caroyas, para coller o camiño polo que subimos á primeira hora da mañá e dirixirnos cara a Canero e ao restaurante onde comezamos o roteiro de hoxe.


Facemos a comida de final de roteiro no restaurante Canero, moi rica comida por certo, e cun brinde para felicitarnos o próximo nadal poñemos o punto final ao día de hoxe.


Grazas a todos e ata a próxima.


Un saúdo
.

Morís.