Crónica

Organizada polos nosos amigos de Paso Miudo de Valadouro, Os sendeiros de Foz participamos no I Camiño do Mariscal dende San Martiño a Alfoz. Un recorrido onde disfrutamos de unha boa compañía con grupos de Asturias e Galicia.

Partimos de San Martiño as 10 en punto da mañá cun tempo xusto para caminar. Pasamos polas parrquias de Santa Cilla e San Acisco, achegándonos a falda da mítica A Frouxeira, refuxio do Mariscal Pardo de Cela. Cunha pendente bastante pronunciada chegamos ao val de Valadouro, tendo de fondo a Torre enclavada no alto de Castro de Ouro. As terras que cruzamos estaban co cultivo da Faba en pleno crecemento, Seguimos o camiño ao carón das antigas instalacións da empresa Costiñas, onde oxe se poden ollar as vellas máquinas de corte que tiñan.

I Ruta Camiño do Mariscal I Ruta Camiño do Mariscal I Ruta Camiño do Mariscal I Ruta Camiño do Mariscal

Pasiño a pasiño fomos mergullándonos no val, e disfrutando da senda do río Ouro e a finca Galea para ser recibidos a entrada de Castro polo Mariscal D. Pedro Pardo de Cela a súa dona Dñª Isabel Castro, máis a dúas fillas. Un recebemento moi cordial.

 No Castro e o seu entorno festexábase o Mercado Medieval unha alegoría a tempos pasados moi lograda. Postos e persoeiros axeitados ao medieval que nos trasladaban a aqueles tempos do Mariscal. Títeres, mendigos, Pandereteiras, e postos para un bo xantar fixeron que pasáramos unhas horas de delicia por esas terras de Alfoz.


Felicitar ao organización e oxalá repitan os venideros anos.
Os Sendeiros dámosvos as grazas pola vosa invitación
Ata o ano que ven

Un amigo Voso