>  

 

Crónica

Sábados de verán: Ruta Cornería

Para este último roteiro de verán do mes de xullo, iremos ata o banco que o concello instalo en Cornería.


Xuntámonos na capela do Carmen de San Martiño, para desde aí iniciar o ascenso a Cornería. Iremos subindo aos poucos, o roteiro é cómoda en canto ao carreiro, é unha pista ancha de saburra. Imos a maior parte do tempo, rodeados de eucaliptos e nunhas poucas de manchas teremos piñeiros. Temos néboa enganchada no cume, o que non nos permitirá gozar das magnificas vistas que desde o banco instalado na cima hai. Imos subindo tranquilamente, gozando da natureza, dos aromas que ofrece a vexetación e charlando, o que fai ameno o camiñar. Facemos a foto de grupo no banco, como non podía ser doutra maneira, para así deixar constancia de chegar á cima. Comemos algo para repoñer forzas, e comezamos o descenso ata o punto de partida, desandando o camiño que nos levo ao cume, xa que o roteiro de hoxe é lineal.


Bonito día, en moi boa compañía, co que poñer punto final aos Andareiros de verán deste mes de xullo.


Grazas a todos e ata a próxima.
 

Morís.