Powered by Wikiloc

Crónica

ENCONTRO A PONTENOVA 2016


Este domingo 22 de Maio, diriximos cara a Pontenova para participar no IX encontro de asociacións de senderismo e tempo libre de Asturias e Galicia, fomos unha pequena representación.


A ruta escollida polos organizadores para este ano foi a das minas, partimos da praza dos fornos e fomos ascendendo ata a mina de Sarredo, o camiño esta pragado de arbores dereitos e tirados no chan polos temporais, fan un camiño entretido e fermoso, dende aquí continuamos ascendendo ata o punto mais alto da ruta de hoxe, onde ollar unhas fermosas vista do val, o camiño é unha pista forestal ancha e con un bo firme de zahorra, que pasiño a pasiño e falando os uns cos outros, nos achega o río Eo, para comezar a parte final da ruta que seguindo o curso do río nos deixa de novo no punto de partida na Pontenova.

 IMG_20160522_103505  IMG_20160522_115109  IMG_20160522_132328  IMG_20160522_155737


Temos un tempo para tomar algo e pasear pola vila ata hora de xantar, onde nos agasallan con bolo de liscos, bolo preñado e canas recheas de crema.
A xornada remata cun sorteo de material deportivo, nos facémonos a foto de grupo na praza para deixar constancia da participación, montamos no bus e regresamos a Foz.


Un día fermoso, gracias por todo e ata a próxima.


Un saúdo,
Morís.