Crónica
Ruta A Seimeira - Forcón de Ríos
Este mes tivemos
que cambiar a ruta que estaba no
calendario por outra, xa que na
zona de Viveiro íase celebrar
unha carreira de BTT, así que
escollemos ir a zona dos Oscos.
O día estaba nubrado e ameazaba
auga, de feito no medio da ruta
caeron unhas pingas , pouca
cousa. Comezamos en Busqueimado,
onde visitamos a súa ermida
flanqueada por dous teixos
centenarios, sacamos unha foto
de grupo e iniciamos o descenso
cara a fervenza A Seimeira,
nestes comezos temos unha forte
pendente, pero discorre por unha
fermosa fraga. Cruzamos o río
pola ponte e ascendemos 300m ata
a fervenza, e moi fermosa e leva
moita auga, sacamos fotos e
descendemos pola veira do río,
un camiñar moi agradecido xa que
o chan está tapizado das follas
dos castiñeiros, carballos,
acibros e demais arbores
autóctonos que forman esta
fermosa fraga, pasamos por
Ancadeira aldea abandonada, e
seguimos cara a Pumares, onde
aproveitamos para repoñer
folgos.
Iniciamos a subida cara a
Poceiras, pola senda das
carballeiras, fermosa paisaxe,
neste punto collemos a senda que
nos levará o Forcón, primeiro
descendendo ata o río para logo
volver a subir ata a capela do
Carme, onde descendemos de novo
pouco a pouco por un novo val
tamén moi fermoso, sempre
rodeados de vexetación
autóctona, escoitando o rumor
das augas bravas, que relax. No
forcón, encontro de dous ríos
facemos unha nova foto de grupo,
co fermoso fondo que ofrecen o
encontro das dúas correntes
fortes de auga, para facer un
rio mais caudaloso e bravo.
Seguimos camiñando chegamos a
unha pequena aldea, As Casias, e
cruzando o río uns pasos mais
adiante chegamos a Valia, outra
aldea case abandonada, con parte
das súas casas caídas e a ermita
que nela se atopa. Neste punto
comezamos o derradeiro ascenso
ata San Julián, que onde imos
rematar a camiñata de hoxe.
Subimos no bus, para que nos achegue ata Santa Eulalia, que é onde imos xantar, será en casa Diego, comida de calidade, abundante e trato exquisito, de dez.
Grazas a todos por este fermoso
día e ata a seguinte.
Morís.