>
Crónica
Rota Gran Senda do Navia, Illano.
Nesta saída dirixirémonos a terras asturianas, ao concello de Illano, para participar no día do senderista de Asturias e na marcha reivindicativa da Gran Senda do Navia.
Concentrámonos no punto de
partida, na subida ao castro de
san Isidro, na zona das Mestas.
A pista vai subindo, rodeados de
piñeiros, o piso está moi ben.
Camiñamos baixo a choiva e imos
subindo, serpenteando, é unha
pena que non podamos gozar das
vistas destes vales e picos, xa
que as nubes e a choiva
tápannolas. Chegamos a un alto
onde hai uns depósitos de auga e
comeza un suave descenso ata A
Montaña, onde está instalado o
avituallamiento, dannos unha
bolsa ben completa. Desde aquí
toca subir ata o punto máis alto
do roteiro de hoxe, e neste
andar comeza a nevar. Aquí
comeza o descenso cara a
Cimadevila, o carreiro vólvese
máis estreito, máis irregular,
rodeados dunha vexetación máis
exuberante e frondosa, coa auga
correndo polo camiño, para
seguir baixando ata a área
recreativa de Folgueirou, onde
remataremos o roteiro de hoxe.
No restaurante da área
recreativa terá lugar a comida
de confraternidade, moi saborosa
e abundante por certo. Estando
todos alí reunidos as
autoridades dan unhas palabras.
E pechamos o día con música e
baile.
Grazas a todos por facer posible
este día.
Ata a próxima.
Morís.