Crónica

RUTA, MEDELA E MUIÑOS, XOVE


Retomamos as camiñadas despois destes meses de parón pola pandemia, e collemos un
roteiro preto, para desprazarnos en coche, circular e que nos permita comer ao aire libre.
Escollemos o concello de Xove, e creamos un roteiro que nos leve ao alto para ter unhas
magnificas vistas e terminar de forma suave por un paseo polo rio Rigueira.


Concentrámonos na chaira da igrexa da Rigueira, ás 10:00 h, saudámonos despois de
tantos meses, repártense unhas breves instrucións e descrición do roteiro, e iniciamos a
marcha divididos en dous grupos, uns só farán o paseo do río, que é moi fácil, os outros
comezamos a camiñar, cruzamos o río e imos cara a Pradovello, onde comezamos o
ascenso cara á Medela, por pistas de monte rodeados de eucaliptos, xa na cima podemos
ver todo o que nos rodea, interior de Xove, a capital, o mar, a fábrica de Alcoa.
Aproveitamos para comer algo, facernos algunha foto e comezar o descenso cara á ponte
da Barxa, onde comeza o paseo do río, de augas claras. Farémolo en ascenso dirección
igrexa da Rigueira. Polo camiño gozamos das vistas, dos muíños que están ao longo do
leito, dos rápidos e sons da auga, das árbores froiteiras, carballos, castiñeiros. Así paso a
paso chegamos onde pola mañá comezamos a marcha. Comemos nas mesas da área
recreativa á beira da igrexa, o rematar facemos a foto de grupo.


Qué alegría volver atoparnos, un dos comentarios a parte de como pasamos estes meses,
foi que falta nos facia a volver camiñar xuntos, gozar do aire libre e a natureza en tan
grata compañía.


Demos a benvida a novos amigos, que se unen aos nosos pasos.


Grazas a todos por este bonito día e ata a vindeira.

Un saúdo,


Morís.