Ruta “Lago Ausente” estación de esquí San Isidro, León.
U |
nha semana despois da data inicial, dado que a tormenta perfecta Xynthia nos obrigou no último intre a cámbiala data da ruta, por mor das previsions de alerta vermella para o domingo 28 de febreiro, cara o domingo 7 de marzo.
As 7 da mañá saímos en autobús cara á estación de esquí de san Isidro en León.
Esta ruta xurdiu da iniciativa dos mais novos da asociación, e a xunta directiva recolleu o guante. A incertidume da aceptación da novedosa proposta, pronto quedou despexada, tiñamos o autobús cheo, magoa que a última hora catro compañeiros tiveran que darse de baixa por diversos motivos.
Xa de camiño no autobús poñennos o dvd do antroido de Foz deste ano, feito polo noso reporteiro gráfico particular Devesa, alias tribulete, todos quedan abraidos pola boa realización do mesmo.
Pouco antes de chegar a nosa parada técnica para repoñer forzas e estiralas pernas en Cabañaquinta, a nosa guía Ana, da a benbida ós novos e ás novas compañeiras que nos acompañan por primeira vez.
A chegada á estación entorno ás 11 da mañá, Ana pide ós voluntarios que a acompañen a recoller as raquetas de todos, necesarias para poder facela ruta pola neve, entre os que sabemos como se poñen nos pes, imos colocandollas a todos. Preguntan si é preciso levalas postas, fanselles raras nos pes. Imos cara a saida da ruta fronte o hotel Pico Agujas, no comenzo das pistas de Salencias, cunha altitude de 1500 m. parte baixa da estación, agupamonos para facela foto de grupo como ven sendo costume da nosa asociación.
O tempo non nos acompaña, temos enriba de nos un manto espeso de neboa que casi non nos deixa vernos. Saímos en fila os 51 valentes pola pista chamada de volta a casa, cara a parte media da estación, chamada Cebolledo cunha altitude de 1680 m., polo camiño atopamonos con esquiadores que descenden por esa pista, e despertan a envexa dalguns dos nosos sendeiristas, é un ascenso suave, que nos leva cara o cartel que marca o comenzo da ruta do Lago Ausente, lago de orixen glacial e como seu nome indica nestes intres no e visible, ata que a primaveira comence a fundir a neve, xa que agora esta cuberto por un fermoso manto branco de mais de dous metros de neve. O que durante o camiño sacou as raquetas e as carretou o lombo, nestes intres tivo que poñelas para non afundirse na neve virgen.
Polo camiño apenas podemos ver o compañeiro que levamos diante, magoa, xa que a paisaxe desta zona é moi fermosa, grandes cumios rochosos cunha cota de mais de 2000 m., cubertos dun manto branco que na nosa zona non podemos atopar. Seguimos descendendo cara onde temos o autobús para poñer fin a esta ruta de uns 5 Km. Mentres devolvemos as raquetas os máis novos tiranse polas pistas enriba de trineos e outros trebellos disfrutando un pouco da neve.
Baixamos co autobús o porto de San Isidro cara a localidade de Felechosa onde imos xantar, no restaurante Peña Pandos, un bo pote asturiano e un cordeiro exquisito, repoñendo asi todalas colorías queimadas nesta ruta, algúns tiveron unha pequena sorpresa, o seu postre levaba unha veliña, feliz cumpre anos.
As 5 da tarde partimos cara a Foz, uns cerran un intre os ollos para descansar, momentos fotografados pola nosa guía, outros ven a presentación feita por tribulete das rutas do ano pasado, fotos ben fermosas e cunha bonita música, detemonos na Lupa para estirar as pernas, e ó baixar o comentario xeralizado é que fai mais frío aquí en Cudillero, que aló no alto dos picos de Europa, todos nevados.
Contra as nove rematamos a nosa saída, sen contratiempos, despois de disfrutar da paz e do silencio de aqueles altos cumios dos picos de Europa, en Foz diante do concello como é costume.