Crónica

CRÓNICA DO ANDAREIRO 79
RUTA: SENDA NORTE”SANTA MªDEL MAR-AVILES”

AÍnda faltan tres días para empezar o inverno, pero cando estamos esperando o bús o día presaxia que vai ser chuvioso ,ventoso e frío, aínda que eso non parece afectar o bo humor que nos caracteriza e todo son sorrisas e saúdos.

Cando chegamos a Santa Mªdel Mar, xa podemos apreciar a fermosa ruta que vamos percorrer, pois as vistas son maravillosas.
Guiados polo noso presidente, José Luis, poñemonos en marcha, cruzamos a Praia de Arnao para atoparnos cunha antiga mina, hoxe en día en restauración. Contemplando o mar, un pouco picado hoxe, polo mal tempo, empeza a chover, o noso carón a imaxen dunha fermosa vila, agora abandonada pero que nos fai imaxinar que foi dunha tremenda importancia para Vila, xa que era dunha familia belga: ”Los Siches”, donos de moitas fábricas asturianas.

Senda Norte, Santa María del Mar a Avilés Senda Norte, Santa Maria del Mar a Avilés (Asturias) Senda Norte, Santa Maria del Mar a Avilés (Asturias) Senda Norte, Santa Maria del Mar a Avilés (Asturias)

Atravesamos o túnel, a nosa idea era visitar o Museo das Anclas Philippe Cousteau, pero debido o mal tempo no mar ,o acceso está cerrado.
Aínda asi, aproveitamos para reagruparnos, e debaixo dunha incesante choiva, cada un de nós empezamos a sacar as nosas viandas para compartilas con nosos compañeiros, e pola parte que me toca, poido asegurar que degustei unhas riquísimas rosquillas, feitas pola nosa compañeira Pepita, que hoxe non nos pode acompañar, xa que ten un constipado, pero o seu marido Cuello ofreceume delas e non me puiden resisitir, grazas a Deus, porque estaban exquisitas.

De novo en camiño, divisamos a Praia de Salinas, percorremos o seu paseo, deixando o pobo a dereita adentramonos nas dunas da Praia do Espartal por unha pasarela de madeira que nos levará ata San Juan de Nieva ,e atravesando pola súa zona industrial, sumerximonos no paseo da Ría de Aviles, donde xa nos espera o chofer, para conducirnos o bús e asi aproveitar para cambiar as nosas botas e roupa un pouco mollada, xa que o ceo está claro e non parece que volva a chover.
Todo o grupo xunto, e neste lugar do paseo, aproveitamos para facer unha foto de grupo e asi deixar constancia deste día de final do outono.
Seguimos o noso paseo que nos leva ata o Centro Niemeyer ,un fermoso lugar, hoxe en día en deshuso.

Senda Norte, Santa Maria del Mar a Avilés (Asturias) Senda Norte, Santa Maria del Mar a Avilés (Asturias) Senda Norte, Santa Maria del Mar a Avilés (Asturias) Senda Norte, Santa Maria del Mar a Avilés (Asturias)

Ás 14.30 entramos no Restaurante ”La Parra”, para degustar un bo xantar a base de paella, bacalao e un delicioso postre caseiro. E, como non, todo elo regado con un pouquiño de champán, para brindar polos Sendeiros e pola nosa amiga Teresa (de Ribadeo) que hai moito tempo que non pode vir andar pero sempre nos leva no seu corazón igual que nós a ela.

Co estómago tan feliz como o noso espiritú,e coa compañía de José Luis que fai de guía, facemos un pequeno paseo polas rúas de Aviles, sen dúbida unha cidade emblemática, e con unha enorme riqueza histórica.
Ben ,todo o bo ten un final, asi que as 17.30 poñemonos en marcha hacia casa, penso que na mente de todos quedará o recordo especial e excepcional doutro routeiro.

Que decirvos amigos? Que para min cada ruta é unha nova experiencia, é un novo motivo para gardar no meu corazón, xa que cada un deses minutos que compartimos ruta a ruta, é unha nova ilusión, unha nova esperanza de que neste mundo aínda prevalece a amizade e o compañerismo.
Moitisimas grazas por estar ahí mes a mes, por darnos ese ánimo que necesitamos para seguir organizando rutas coa mesma ilusión que o primeiro ano e xa van uns cuantos.
Desexarvos unas felices festas de Nadal e por suposto, facer o meu soño realidade, e vivir coa esperanza de que o vindeiro ano vai ser un resquicio de luz para camiñar hacia un mundo cargado de saúde e con unha estabilidade laboral e social para nós e sobre todo para nosa xuventude que é o noso futuro.
FELICES FESTAS!!!
Unha aperta da vosa compañeira e amiga

ANA