|   Os Sendeiros de Foz inicia este ano o " Camiño de
      Santiago " por etapas, e que serán durante os Domingos. A primeira
      etapa comeza o Domingo 27 de Agosto e a derradeira o Domingo 1 de Octubro.
      O recorrido e en sete Etapas, facendo unha cada Domingo e máis o sábado
      30 de Octubro. Crónica
       1ª ETAPA  FOZ -
      MONDOÑEDO  27 de Agosto - Saída as 8 da maña diante do Concello.  O día amenceu cun sol de autentico verán, ceo
      despexado e un grupo formado por 34 andadeiros cheos de gañas de facer o
      " Camiño ". Saimos a hora prevista e dirixímonos a Vilaxuane
      para adentrarnos polo camiño da estación do FEVE que nos leva a
      Corredoira donde tomamos a dereita da estrada xeral para pasar por
      Mañente, e seguir por Vilaronte para achegarnos a Celeiro de Mariñaos do
      Concello de Barreiros, donde faremos un agrupamento dos camiñantes. Ata
      eiquí non xurde ningún problema todo era ledicia pola novedade do
      Camiño, e como non a beleza da campiña que tiñamos diante dos ollos,
      belas casa restauradas, campos ben coidados, en fin unha bela paisaxe.
      Paradiña en Celeiro e volta andar para elo retomamos a ruta polo camiño
      que indica á Ermida que nos vai levando en costa polo medio do monte e
      podemos ollar unhas vistas panorámicas do val de Lousada, o polígono
      industrial, e ao fondo a canteira de Isidoro xa preto de a Cazolga. Así
      achegámonos a Vilamar e de novo xuntámonos o grupo, tomamos un pequeno
      bocado e pola estrada xeral tomamos rumbo a Lourenzá, Vila que celebraba
      as festas Patronais do Conde Santo. Xa estábamos nas doce, uns compramos
      bocadillo, e outros descansamos un pouco diante do albergue.  A unha retomamos o camiño de novo, adentrándonos por un
      sendeiro algo en costa pero de terra que se deixa pisar ben, así
      continuamos ata o alto de Arroxo e baixamos pola antiga estrada donde
      abaixo pasamos diante da capela da Virxe de Guadalupe para meternos de
      novo por un sendeiro fermoso con moitos árbores, casa abandoadas que
      algún tempo seguro que tiñan moita vida dentro delas, pexigueiros,
      manciñeiras, algunha que outra horta de pementos, algúns comimos algo
      destes bes naturais. Xa estabamos cerca das duas da tarde e facía mella a
      fame, o calor facíase sentir no corpo, ¡ o sol era abrasador!. Seguimos
      o camiño por San Lázaro. Na entrada podíase ver unha horta con uns
      tomates xigantes, enfrente un maxestuoso pazo digno de unha película,
      comentaban que o dono e un médico de Lourenzá. Pouco a pouco seguimos
      ata chegar moi cansos á sombra da Catedral de Mondoñedo. Xa eran as tres
      da tarde, alí estaba esperándonos sola., comentamos algunhas anécdotas
      do viaxe e acto seguido á beira da estatua do ilustre escritor de
      Mondoñedo D. Alvaro Cunqueiro, nunha das terrazas, dimos conta da comida
      que levábamos, acompañadas por unhas cañas de cervexa ben fría. Entre
      conto e conto o tempo vai pasando, ás cinco e media o autobús estaba
      esperando a carón da fonte Vella para levarnos a Foz.  Cansos pero seguro que todo o grupo quedo satisfeito
      da experiencia, que tivo durante toda a xornada Ata a próxima José Luis 2ª ETAPA MONDOÑEDO - CHOUZAS (VILALBA)  03 de Setembro - Saída as 8 da maña diante do
      Concello  De novo os Sendeiros partimos de Foz as 8 da mañá
      para facer o segundo tramo do Camiño, Amenceu cun sol de xusticia que
      facia presaxiar un calor temeroso durante todo o recorrido. En Mondoñedo
      dan as 9 e con as mochilas ao lombo partimos deixando atrás as angosta e
      empredadas ruas, collemos o sendeiro que vai ao lado da Fontevella, que
      nos leva a unha pista asfaltada. A altura de san Caetano contemplamos unha
      ampla panorámica da ciudade, pronto chegaremos a Barbeito en lixera
      subida,  máis adiante alcanzamos o núcleo de Valiñares.  En Mariz continuamos na dirección de A Fraga e Padín,
      aínda apenas comezamos e xá había algunha que outra protesta dentro do
      grupo ¡Qué duro! ¡ Si o sei, non veño!, pero no pasaba de ahí. O
      trazado deste último treito está flanqueado pola pendente montañosa da
      nosa dereita. Plagada de bosque con variedade de especies arbóreas,
      mentras á nosa esquerda terras de labor que adéntranse no río
      Valiñares, división das duas cadenas montañosas, adornado polos
      pequenos núcleos de poboación con casas de pedra e teito de grosas
      pizarras. A fatiga faise sentir nos corpos, o calor e de asustar. Os
      Sendeiros seguimos sen medo o camiño. Un poco máis adiante podemos ollar
      a curiosa e pequena Capela de San Vicente, pasamos pola pista de asfalto
      cuio trazado serpentea as rugosidades montañosas e chegamos a Lousada
      cunha cota de 400m. E por espacio de un km. iniciamos unha revirada
      ascensión para chegar a Sasdónigas a 500m de altura. Na fonte da Xesta 
      aproveitamos para facer un descanso e tomar un grolo de auga, cruzamos a
      N-634 para subir por unha pista de terra a altura de Gontán de arriba, na
      cume coñecida como A Xesta. Superados algún que outro escollo do camiño,
      seguimos por pistas da concentración deixando os lugares de Casanova e
      Carballiños. Un rústico cruceiro nas inmedacións do camiño sinala a
      baixada a Gontán, pasada a capela e a ponte do río Labrada ascendemos a
      Abadín. Neste punto levamos uns 16 km. e un cansanzo que facía mella nas
      nosas pernas, Foron unhas 4 horas de camiñata.  En Abadín descansamos como media hora para retomar de
      novo a ruta. Aínda quedaban 11 km. para achegarnos a Chouzas, o calor que
      tíñamos era infernal alomenos 30ºC, e non corría unha brisa, pero
      bueno en ¡pé e pa diante!, nada máis abandoar Abadín sorprendenos con
      a fachada da igrexia de Santa Maria, de orixen medieval, resconstruida no
      século XVI. Sendeiro abaixo cruzamos o río Abadín e topámonos con Os
      Castros, Regueira e Rigueira, continuamos o camiño prácticamente chao,
      unha ponte medieval do río Portela e o muiño próximo lévannos a San
      Juan de Castromaior e Barral no límite con o Concello e Vilalba, neste
      entorno a morfoloxia xeográfica na época de choivas, presenta
      superficies inundadas. O grupo comenta, todo moi bonito, pero entre o
      calor e o cansancio, non estamos para moitas festas. No alto de Martiñan
      facemos de novo unha paradiña e de paso xantar un pouco, cruzamos a N-634
      , e case sin poder evitalo temos ante nos unha ponte medieval de tres
      arcos sobre o río Batán denomidado " A Ponte Vella " e que nos
      leva a Chouzas, caserío que está nun tramo do camiño sobre un novo
      humedal. Algúns do grupo xa comeza a sentir algunha que outra ampolla nos
      pés, fatiga, e gañas de rematar. Chegamos a Chouzas, e despois dun
      pequeno descanso e coma eran as tres e media, entre todos decidimos
      continuar ata Goiriz que aínda quedaban catro km, e con máis pena que
      gloria voltamos ao camiño pasando por diante de dous cruceiros que nos
      introducen en Goiriz atravesando o coñocido " Barrio do Cristo
      ". Unha vez que chegamos a Goiriz o forno non estaba para " Bolos",
      sentíase falar de todo : Non pode ser. Eu, non veño máis. Esto e un
      sacrificio. ¡Pero, eu a quen matei! A verdade que o día foi dun sol de
      xusticia, poucas sombras, nin unha sola brisa, polvo, e para remate 31 km.
      nas pernas, non era para menos. Ao final non pasou de meras anécdotas, e
      o grupo de Sendeiros chegamos a Foz as seis e media da tarde sin novedade. José Luis 3ª ETAPA GOIRIZ - SAN ALBERTE  10 de Setembro - Saída as 7,30 da maña diante do
      Concello  Á hora prevista, de novo partimos de Foz Os Sendeiros
      para facer a 3º etapa do camiño, os comentarios no autobus foron todos
      eles sobre a derradeira etapa : Moito calor, fatiga, cansanzo, pero
      voltaron as gañas de camiñar. As oito e media máis ou menos chegamos ao
      bar Helvetia en Goiriz. Tíñamos bon tempo para camiñar, alomenos non
      facia o calor sofocante da última. Seguimos o percorrido ao borde da
      estrada N-634 donde podemos admirar un fermoso cruceiro con belas imaxes,
      cruzamos a estrada e por camiño de terra alcanzamos Fontoira, e máis ala
      Liñares e logo o núcleo de vivendas do Francés, pasamos por As
      Casasnovas e chegamos a Vilalba, considerada a Capital da " Terra Cha
      ", que conserva o Torreón dos Andrade construído no século XV.  Facemos un reagrupamento e saímos de Vilalba na
      dirección de Baamonde. Pasando a gasolineira tomamos á dereita en
      baixada por un camiño e despois de atravesar unha ponte sobre o río
      Labrada chegamos primeiro a Penas Corveiras, e logo a Cova. Ao Pouco que
      camiñamos pasamos unha ponte de madeira e atravesamos un grupo de
      caserios donde os cabazos e as contruccións de pedra con as suas
      balconadas de madeira estan presentes como : Seara, Sabugueiros, Gabín,
      Castro, Regovide e Raiola. Xa levamos 7 k. dende Vilalba cando chegamos a
      San Juan de Alba , A igrexa e o campo da feira faínos ir pola marxen
      dereita da C-634, pasando por Torre-Pedrouzos, Costián e Coutado. Por
      estes lugares observamos o avanzado que esta o trazado da Autoestrada do
      Cantábrico. Seguimos camiñando na dirección do río Labrada, que o
      cruzamos grazas a ponte de Saá, contrucción de orixen medieval con
      varios arcos, feito a base de grosas laxas de pizarra. De novo unha
      pequena paradiña, un grolo de auga, unha chocolatina, .. e seguimos en
      descenso ata Casasnovas. Xiramos a esquerda no mesmo límite dos Concellos
      de Guitiriz e Vilalba, e chegamos a Fonte Pequena, neste punto levamos uns
      15 km. andados.  Dende As Penas seguimos a camiño ata Casa
      Zarrulleiro, nas proximidades de Pígara, e dende eiquí o camiño vai
      paralelo pola C-634 xa no Concello de Begonte. Pasamos debaixo do tunel da
      autoestrada, e unha recta lévanos a Baamonde. Nesta poboación paramos a
      xantar e tomar unhas cañas de cervexa : uns no bar, outros no albergue,
      tomamos café, Ana, a Guía selou as credenciais, e despois dunha hora e
      media máis ó menos emprendemos de novo o camiño, xa o reloxio marcaba
      as tres e media. Xiramos á esquerda para cruzar a antiga N-VI. Un novo
      túnel permítenos pasar a vía do tren, pasamos por Vilariño por un
      desvio a dereita que intérnanos nunha ladeira montañosa, e seguimos pola
      pista de terra que vai paralela ao río Parga ata chegar a San Alberte (
      Guitiriz) final do percorrido e con 23 km nas costas. Neste lugar atópase
      unha igrexa da mitade do século XV, e que tamén destaca a fonte de auga
      cristalina ( de ela bebimos todos), e a ponte con dous arcos. Reagrupado
      todos,  pensamos que estábamos ben das pernas e decidimos seguir un
      pouco máis, aínda era cedo e sin máis seguimos outros 3 km. ata San Breixo,
      para elo xiramos na igrexa de San Alberte por un estreito camiño en
      pendente cun fermoso muro de granito á nosa man dereita. Cruzamos
      pequenos caserios como Regodaviña, Fonte e Costoiras ate alcanzar San
      Breixo de Parga. Foron tres km máis os que camiñamos para a próxima
      etapa.  Decir que foi un bo día de camiñar, e que resultó sin
      ninguna novedade, eso sí con gañas de que chegue a próximo Domingo para
      facer a nova etapa. As oito chegamos a Foz, dende logo bastante cansos e
      con gañas dunha boa ducha de auga quente. José Luis 4ª ETAPA SAN ALBERTE - SOBRADO
      DOS MONXES  17 de Setembro - Saída as 7,30 da maña diante do
      Concello  A hora prevista 7,30 da maña, de novo Os Sendeiros
      partimos de Foz no autobús para comezar a 4ª etapa. Cun ceo cheo de
      nuves, aire do sur e cunha ameaza de choiva. Como xá na etapa anterior
      camiñamos ata San Breixo de Parga, tres km máis adiante de San Alberte,
      comezamos a etapa dende este pequeño núcleo de casas. Este percorrido
      vai moito por asfalto. As nove en punto tomamos á esquerda o camiño que
      nos fai pasar por interesantes edificacións medievales, dos pequenos
      pobos de Caínzos, Ceboleira, e Seixón, neste último burgo encóntrase a
      Casa Museo de Chacón. Chacón e un persoeiro moi singular e afable que
      dedica a sua vida a esculpir en pedra todo tipo de encargos no seu pallar
      que fai de taller. Brindounos a sua casa e poder ver en ela recordos, e
      todos os seus efectos persoais, eu tiven a oportunidade de falar un pouco
      con él, e a verdade que a sua maneira de vivir encantoume. Non ten xefes,
      nin horarios, todo o día e para sí. Seguimos o camiño despois da
      paradiña, levábamos un poco de barruzo nas costas e chegamos a
      Pedranegra no concello de Friol. Máis tarde chegamos a Santiago de Miraz,
      cuia torre e preciso visitar. Facemos unha paradiña para repoñer forzas,
      tomamos un café de pote, sellamos as credenciais, e de novo a seguir o
      camiño. Levamos neste lugar 9 km andados.  Tras superar Outeiro a altura de Laxes saimos da estrada e
      atravesamos en ascenso por sendas de montaña ata alcanzar a " Pena
      de Mira". Neste punto hai 633m de altitude. Voltamos a baixar ata a conca
      do río Portalamas, pasando por Devesa. Neste indicador a Familia Devesa
      de Foz (Luciano, Gloria e Julita ) fixo unha foto para a posteoridade.
      seguimos camiñando pasando por Mantelle,Carballosa, Roxica. Superado o
      arroyo Corral chegamos a Marcela. En Marcela xa eran as duas e media e con
      fame e despois de levar 24 km. nunha taberna pequena decidimos xantar e
      tomar unhas cervexas, e coma non descansar un pouco que ben o tíñamos
      merecido.  Sobre as tres e cuarto partimos de novo Os Sendeiros
      e acercámonos a Corteporcos, Pedramaior, ata alcanzar o límite de
      Provincias Lugo-A Coruña na altura do Marco das Pías. Aquí levamos 29
      km. andados. Fixemos un reagrupamento para decidir si seguimos un pouco
      máis para gañar para a próxima etapa. Eran as catro e media, e o grupo
      iba ben, todos decidimos chegar a Sobrado dos Monxes xa na Provincia da
      Coruña. Seguimos pola estrada ata chegar as parroqias de Vilariño e
      Mesón, neste núcleo tomamos á dereita para adentrarnos por un bonito
      sendeiro, costa abaixo, pouco a pouco vamos facendo o recorrido e chegamos
      a unha fermosa e grande Lagoa cuberta moita dela por plantas "Potos"
      ( estas plantas nacen no fondo da Lagoa, salindolles ao exterior un
      capullo branco moi fermoso), ten un bonito paseo de madeira, patos,e conta
      cun laboratorio " Ictioxénico " nel estudian os cultivos e os
      peixes. Despois de disfrutar da bela paisaxe chegamos a Sobrado donde
      estaba esperándonos o maxestuoso Mosteiro dos Monxes. Xá eran as sete
      cando pisamos a poboación e con 37 km. nas pernas. A verdade un pouco
      cansos. Visitamos como se pudo o Mosteiro, descansamos, estiramos as
      pernas, e voltamos ó autobús para cambiar os calcetís, poñer outra
      camiseta, e rumbo a Foz.  Unha paradiña no restaurante Montero de Vilalba, e
      as 9 e media chegamos á casiña. Non se pode crer, os kms que fixemos,
      pero e certo.  José Luis   5ª ETAPA: SOBRADO DOS MONXES - ARZÚA 24 de Setembro - Saída as 7,30 da maña diante do
      Concello   Saímos de Sobrado, despóis de tomar un cafetiño,
      coa ilusión de desfrutar do percorrido ata Arzúa, pero, nada máis
      empezar a camiñar, caen as primeiras gotas de chuvia, pensamos que eran
      unhas gotas ¡que ilusos! a chuvia non só non nos abandonou en todo o
      camiño, senón que a cada paso chovia con máis intensidade. Calados como
      ibamos ata os osos, aínda tiñamos ánimo e non desperdiciamo-la ocasión
      de achegarnos os árbores e disfrutar de unhos deliciosos pesegos e como
      non,unhas uvas moi sabrosas…¿Porque será que a froita sabe mellor
      collida das árbores?  En Boimorto fixemos un reagrupamento, e nunha
      pequena cantina, tomamos un tentempié para coller forzas e seguir baixo a
      tromba de auga que caia do ceo. Xa tiñamos claro que non ía parar de
      chover en toda maña; aínda asi ninguén perdeo o sorriso, e percorremos
      os 9Km.que nos faltaban ata Arzúa .O chegar animámonos un pouco pensando
      en quitar toda aquela roupa que pesaba unha tonelada, pero non, aínda
      tivemos que dar voltas arredor do pobo: o autobús nunha punta, a xente
      noutra, unha odisea para xuntarnos todos…. Por fin, ¿estamos todos? Si,
      parece que xa quitamo-la molleira e o sorriso volta ás nosas facianas.  Amigos,o bo de todas estas calamidades e que compartimos
      tantas experiencias,boas e malas, que en cada saída a nosa amizade
      fortalecese. Moitas grazas, nunca deixedes de ser vos e compartir un anaco
      do voso tempo con Os Sendeiros. Ana 6ª ETAPA ARZÚA - MONTE DO
      GOZO  30 de Setembro - Saída as 7,30 da maña diante do
      Concello  Coma sempre a hora puntual saímos Os Sendeiros diante da
      Casa do concello, algún equivocouse ó coller o autobús. A estas horas
      normalmente somos nós os que esperamos diante do Concello, pero este
      sábado a Coral de Foz tamén iba para terras de León a entonar o seu
      repertorio, e tiñan a saída a mesma hora. Uns saudos entre todos e rumbo
      a Arzúa. A mañá amanecía con barruzo que fáinos presaxiar un día de
      choiva. As nove e media chegamos a Arzúa  cando aínda o pobo estaba
      a dormir. Non chovÍa pero as nubes facían ter un ceo mouro que lle
      costaba abrir a mañá. Tomamos uns cafés, compramos pan, auga e as dez
      emprendemos a camiñata.  Os paraxes por donde ia transcurrendo a senda era
      magnífico, frondosa carballeira, castiñeiros, xa empezan as castañas a
      facer presencia polo chan, pódese aventurar que vai a ser un bo ano de
      castañas. O camiño en chao, e moi ben sinalado. Sigue o camiño e
      chegamos a un burgo de casas a entrada de Salceda e lémos un cartel
      diante dun bar que di : "Non te deixes enganar "; estando lendo,
      sae o dono e comentanos que o pon porque un pouco antes do bar hai un home
      que aconsella non parar aquí, sino que o faigamos no seguinte bar. A
      verdade que no camiño temos para tódolos gustos. Despóis da anécdota
      seguimos camiñando para chegar ao agrupamento que xá seria en Salceda,
      alí nun bar facemos unha paradiña tomamos uns tragos cun pincho para
      repoñer forzas pois o reloxio tiña as doce e era a primeira parada que
      facíamos.  As doce e media emprendemos de novo a marcha e ao
      pouco de comenzar empeza unha gran chuvascada de auga que para algúns
      hasta lle prestou, ibanche todos arranchados de boas prendas para a choiva
      : Capas, Pantalóns, chuvasqueiros, en fin todo un desfile de modelos,
      como lle prestaba estrenar as prendas a : Sonia, Benito, Jesús, Geo,... o
      único que iba como un pordioseiro era eu, e coma sempre cabreado por non
      levar o mismo ca eles. Menos mal que aínda con todo tiven sorte e eles
      mala, porque ao cabo de unha hora parou de chover, senon non sei que
      sería da miña vida. As duas e media pasamos por Santa Irene, un pobo
      cunha área de descanso moi bonita e cun refuxio para abrigarse do mal
      tempo, tamén dispón de dous albergues, un público, e outro privado. Uns
      a outros íamonos animando para poder chegar ao punto de Xantar. Vamos con
      alemáns, ingreses, arxentinos. Todo o camiño e unha mestura de
      nacionalidades e idiomas. Así as dous e media chegamos ao albergue de
      Arca, donde nos estaba a esperar o resto do grupo. Descalzamos as
      botas  para dar descanso a os pés, e nun comedor amplo, todos xuntos
      puxémonos a comer. Eu ben deitei de Benito e Jesús pois a miña comida
      erache ben lixeira. Visitamos as instalacións do albergue: unha boa
      cociña con vitrocerámica, auga quente, limpo e ben atendido pola sua
      responsable. Tomamos café cunhas gotas de raspa nunha cafetería do pobo
      e cando o reloxio marcaba as tres e cuarenta emprendemos de novo a marcha.  Dende eiquí o camiño sigue coa mesma tónica: 
      moitos peregrinos, boas pistas, e hasta o aeroporto algunha costa pero
      facil de andar. Ao paso pola beira das pistas do aeroporto vímos o
      despegue de varios avións, o seu ruido e ensordecedor. Así chegamos ao
      Cartel que nos anuncia: SANTIAGO, diante del, algúns facemos unha
      fotografía para a posterioridade. Aquí xa comeza o cansazo, iban
      aproximadamnete uns vinte e dous km. nas pernas. Pero facendo de tripas
      corazón seguimos para diante ata chegar a o pobo de Lavacolla as seis da
      tarde. Unha pequena paradiña ao lado da igrexa e cruzamos a estrada xeral
      para subir ata o chao de Vilamaior donde encóntrase ao pé da estrada un
      extenso refuxio da Fauna : Patos, Ocas,... Seguimos pola estrada pasando
      diante dos estudos da RTVG, TVE, que faínos sentir a meta. Despois dunha
      recta cruzamos o pobo de San Marcos, e un pouco máis adiante está
      esperandonos a pequena capela na sua honra, e desde ela ollamos o final
      que non e outro que o Monte do Gozo. Deixamos á dereita o Monolito feito para o recordo das
      visitas a Galicia polo Papa Juan Pablo VI. Baixamos polo camiño que
      atravesa un prado, e as sete chegamos por fin ao noso pabellón.
      Intercambio de comentarios, reparto de habitacións, unha boa ducha de
      auga quente, risas, e corre a tomar uns viños ao pobo antes de a cea. A
      cea foi no Restaurante SUSOS as nove e media, e o menú: Caldo ó sopa,
      Carne asada, e postre, algúns enchufados como Pabliño: Un bistec con
      unha fonte de patacas fritas,e de postre un xelado ¡ como se puxo o
      pícaro ! . Sobre as once menos cuarto retorno ao Albergue, xa a choiva
      comenzaba e todos para suas habitacións, menos algúns que aínda lle
      pedía marcha o seu corpo e foron a probar a marcha da zoa. As
      habitacións eran con literas para oito persoas, para que vamos a comentar
      o que pasou durante a noite, xa o imaxinamos un pouco ¿non?. Cunha noite
      de moito vento e choiva foimos durmindo un pouco todo os camiñantes para
      o día siguente comenzar a última etapa. José Luis 7ª ETAPA MONTE DO GOZO -
      SANTIAGO  01 de Octubro- Saída as 9,30 do Monte do Gozo  As sete e media xa se podía oir a xente sair e
      entrar nas habitacións, pasear polo pasillo, creo que son os nervos que
      nos xogan unha mala pasada en algúns momentos especiais, pois éramos
      case todos os que xa tíñamos gañas de levantarnos das camas. Fúmonos
      estirando, duchando ao mesmo tempo, comentarios de todos os gustos: eu non
      dormín un chisco, como ronca fulano, dín máis voltas que unha peonza.
      Tino con seu chiste do aeroporto de México, ¿ que pasa Guei ?, así foi
      pasando o tempo e algúns as oito camiño da cafetería para desayunar,
      café, croasain, magdalenas, en fín todo elo con Fernando Alonso
      disputando o " Gran Premio China " que ao final quedou de 2º, a
      seguir loitando. As nove chega o autobús e todos coa camiseta do Concello
      "Praias de Foz ", levamos as bolsas da roupa, e as nove e media
      na entrada do Monte do Gozo facemos a fotografía de rigor e camiño a
      Santiago. A mañá ameazaba de novo choiva ¡Como Chove nesta zoa !, vamos
      chegando a San Lázaro, aínda Santiago non despertara, callexeamos, e xa
      vemos bares abertos, para os desayunos, xuventude de regreso da noite,
      así pouco a pouco adentrámonos na cidade, peregrinos e máis peregrinos
      a noso carón. Alcanzamos a praza Quintana contemplamos o fermoso entorno
      e as dez e cuarenta estamos díante da oficina do pregrino para selar a Compostela.
      Con nos trinta e seis xa enchemos as instalacións. Con pacenza vamnos
      selando e facendo as preguntas de rigor, saímos e as mulleres ceganse
      ollando os escaparates das tendas de souvenirs. Uns sacan fotografías,
      outros paseamos, esperando que sexan as doce para escoitar a Misa do
      Peregrino. O mundo que hai dentro da Catedrál non se pode describir,
      centos de persoas chegadas de todos os puntos do mundo, cunha fe que chega
      a emocionar e que impregna todo o redor. Foi moi emotivo cando o sacerdote
      antes da misa nombra a os grupos achegados a Santiago, e dí : "Grupo
      de Peregrinos que veñen da Parroquia Santiago de Foz" ¡eso
      chega!.  Unha vez escoitada a Misa xuntámonos todo o grupo na
      praza do Obradoiro e fumos a sacar todo o grupo unha fotografía nas
      escaleiras xunto a "triste e sola Fonseca". Quedamos de
      xuntarnos as dous e media no autobús, e sin máis en varios grupos fomos
      a tomar os viños polos alrededores da Catedrál, botamos uns cantariños,
      compramos algún que outro recordo, e para o autobús. De novo, camiño a
      o Restaurante San Paio na Lavacolla, para disfrutar dunha comida de
      hermandade, todos xuntos en camadería, con algún que outro cantarín, e
      incluso felices pola hazaña feita a o longo dos 190 km. que separan a Foz
      de Santiago.  As cinco da tarde emprendemos o regreso a Foz facendo unha
      paradiña en Vilalba, e sobre as oito menos cuarto chegamos as nosas
      casas.  FELICITAR A TODO O GRUPO
      POLA BOA DISPOSICIÓN A COLABORAR, E ASÍ PODER HABER FEITO UN 
      "CAMIÑO MÁIS LEVADEIRO"  Un Saudo moi especial para todos  A xunta directiva dos Sendeiros José Luis |