Crónica


 

RUTA ENTREVADOS-VAL DO PINZÓN.

 

O

 domingo 25 as sete da maña xuntámonos no concello para saír camiño de Isoba pobo no cal comezaría a nosa ruta .  No medio do noso camiño fixemos una parada para descansar e para almorzar . Despois de media hora de parada, continuamos o noso camiño cara Isoba, subiremos o Porto de San Isidro dende Asturias.

As  11 da maña e despois de preparase todos co material necesario, comezamos a nosa ruta. O inicio da ruta  comeza cunha pequena ascensión, cara  o Collado do Pinzón , punto no cal acadaremos a máxima altura da nosa andaina, no collado do Pinzón  apreciamos unhas vistas moi  fermosas  do Val do Pinzón . Mentres ascendíamos ata o collado do Pinzón, puidemos avistar  uns voitres voando por enriba das nosas cabezas. Dende o Collado do Pinzón, comezamos a baixar polo Val do Pinzón , neste val apreciamos unas fermosas vistas dos montes que nos rodean.  Durante o noso descenso polo Val do Pinzón, vemos brincar entre a vexetación un corzo, comezamos a achegarnos a estrada que sobe  o Porto de Tarna. Xusto cando a ruta se achega a esta estrada facemos una parada para tomar un aperitivo, repoñer forzas e reagruparnos . Despois desta parada colleremos un desvío da  ruta, sairemonos da senda para ir  pola estrada, de maneira que poidamos ollar a Fervenza dos Forfogones. Dende que vemos esta fermosa cascada, continuarémolo  camiño  pola estrada, ata coller o primeiro desvío a dereita que  atopemos, dese xeito volvemos ir a ruta marcada,  agora camiñamos polos Prados de San Xusto, seguindo o noso camiño pasamos polo lado da Fonte Jerumbrosa. Despois de continuarémolo noso camiño, pola Foz de Entrevados, atopamos un desvío que nos leva o Pozo da Leña,  no cal se pode apreciar una fermosa fervenza, aquí algúns dos nosos  camiñantes deciden baixar a vela, mentres que   outros continúan co seu camiñar, a medida que continuamos subindo pola  ruta,  ollamos unha serie de fermosas fervenzas. Cando chegamos  o  seguinte desvío, na ponte que pasa por enriba do río, sacamos unha foto de grupo. Dende aquí hai unha sinal que nos indica que nos quedan 20 minutos para rematar o noso camiño. Cara as dúas e media,  chegamos o pobo de Isoba, lugar onde remata a nosa ruta  . Aquí neste pobo e sentados na terraza dun bar, comeremos a nosa comida . Para despois montar no autobús  e volver de regreso a Foz,  nesta ocasión  baixamos por Puebla de Lillo,  bordeando o Embalse do Porma, cara a Boñar, que sera neste punto onde colleremos a estrada que nos leve a autoestrada do Huerna, que nos conducira cara a Foz.

As 21:00h rematamola viaxe en Foz.

Laura.