Crónica
Ruta Foces del Esva
O domingo dia 6 de decembro
xuntamonos uns 40 sendeiristas
para ir facer a nosa ruta
mensual. Desta volta a ruta
fixemola en terras asturianas.
As 8 da maña atopamonos todos
diante do concello para coller o
bus e partir cara o comezo da
ruta. A metade de camiño paramos
a almorzar, para asi repoñer
forzas , e conseguir a enerxia
necesaria para facer a nosa
camiñata.
As 10 da maña chegamos a o
inicio da ruta , aquí
equipamonos e dispuxemonos a
camiñar. Comezamos a ruta cun
ascenso ata o “Cabanon”, esta
subida axudounos a quitar o frio.
O chegar arriba tivemos unas
fermosas vistas do val.
Camiñamos por esta fermosa
paraxe ata chegar o pobo de
Callera. Aquí collemos a ruta
das foces do rio esva. Esta vai
a caron do rio, co cal para
poder salvar o desnivel ,
construiron una serie de
escaleiras e pontes de madeira,
polas cales facemos a nosa
camiñata. Seguimos camiñando por
estas ata volver chegar ao “Cabanon”.
Neste punto baixamos polo mesmo
sitio polo que subimos, ata
chegar o pobo de onde partiu a
nosa ruta.
Despois de chegar todos o final
da ruta, subimos ao autobús e
diriximonos a San pedro de
Paredes, lugar onde se atopa o
bar no que degustamos un
exquisito menú de pratos típicos
da zona.
O remate da comida durante a
sobremesa, cantamos e
despedimosnos da nosa amiga
Imma, una das nosas caminantes
habituais. Montamos no autobús e
diriximonos a Foz para así poñer
punto e final o noso día de
sendeirismo.