A ruta sae de Foz, da rua Costa do Castro, pasa por O
Castro e sube ó Bispo Santo, onde se pode contemplar a capela, a área
recreativa eo mirador "Pico da Lebre".
Dende este lugar divísase a Ría de Foz, en en días despexados
contemplase unha panorámica interesante (opción da ruta a visitar).
Nesta área recreativa celébrase una romaría na honra a San Gonzalo, que
según a lenda derrotou unha flota normanda no século XI rezando
avemarías dende o Alto da Grela. "O Santo" é unha das
romarías máis concurridas e con meirande encanto de toda a comarca.
Dende o Bispo Santo dirixímonos á Catedral de San Martiño, de
obrigada visita pola sua importancia histórica. Trátase de unha igrexa
prerrománica do século IX-XII, das máis antigas de España, declarada
monumento histórico artístico. Foi antiga sé episcopal da diócese de
Mondoñedo. Neste lugar podémonos refrescar na Fonte da Zapata, que
segundo a tradición popular brotóu polo milagre de San Gonzalo.
Dende aquí dirixímonos a Ermida do Carme, visitando a pequena capela
e a área recreativa. Continuamos camiñando pola estrada da Cernada en
Vilaronte e adentramonos no monte, paisaxe tranquila e vistas
maravillosas; pouco a pouco acercámonos ao Chao do Vidreiro, lugar de
parada e encanto. Rpostas as forzas seguimos subindo ata chegar ao Pico de
Cornería, dende onde podemos divisar unha ampla paisaxe de Foz e pobos
limítrofes.
Á voltada ruta visitaremos a igrexa de Vilaronte, fonte de Porto e
antigo muíño restaurado, a capela de San Blas, e chegada a Foz. |