Powered by Wikiloc

Crónica

RUTA PENA TREVINCA.


Esta ruta pon fin a celebración do vinte aniversario, é con ela imos o teito de Galicia, será unha fin de semana completa de venres a domingo.


Saímos o venres a tarde cara á aldea da Ponte, lugar onde imos pasar dúas noites no refuxio de montaña da federación, e así poderemos estar mais descansados para gozar da ruta, as vistas e as paisaxes que imos ollar. No refuxio durmimos e almorzamos dous días, xantamos na montaña de bocata e cenamos no bar Río Xares, que ben nos trataron.


O sábado saímos cedo cara a Vilanova, que onde comezamos a ruta, está unha mañá fermosa, un sol explendido e unha boa temperatura. Partimos de diante do cartel da ruta, imos ascendendo por unha pista forestal ancha, cara o Maluro a primeira cima de hoxe, según imos subindo amosanse unhas impresionantes vistas da zona. Case no Maluro apartámonos do camiño para ollar as canteiras de pizarra da comarca do Valdeorras, seguimos camiñando e subimos o Maluro, aproveitamos para facer fotos do que dende aquí vemos.

 IMG_20170610_110002989  IMG_20170610_114926537  IMG_20170610_131956592_HDR  IMG_20170610_151803922_HDR


Continuamos camiñando e chegamos a Poula de Campo Raso, onde nos reciben un grupo de vacas, pasamos xunto a elas e continuamos cresteando dirección Penatrevinca, e preto do noso destino atopamos uns cabalos pastando, grandes e pequenos. Pouco despois chegamos a cima, o punto mais alto de Galicia, abraiámonos co que vemos baixo os nosos pes, Fotos para inmortalizar o momento e imos descender cara o punto de partida, polo mesmo camiño ata onde atopamos as vacas, que aquí xiramos a esquerda para facer un forte descenso que nos achegue as minas de wolframio que explotaron os alemáns na guerra mundial, dende aquí a Vilanova onde comezamos a mañá.


O domingo saímos cara a Sanabria, fumos ver Ribadelago, pobo derruído por unha riada trala rotura dunha presa en tempos da ditadura, paramos no lago Sanabria e paseamos en catamarán polas súas augas, continuamos camiño ata Puebla de Sanabria, onde aproveitamos para gozar desta fermosa vila medieval, xantamos e a tarde comezamos o regreso cara a Foz..


Fermosa fin de semana.


Un saúdo.

Morís.