Crónica
Ruta Supena, Mondoñedo
Para o roteiro deste mes dirixímonos a terras mindonienses, adaptaremos partes de varios roteiros para facer unha a medida, este roteiro foi unha proposta e deseñado polo noso amigo Raúl de Mondoñedo, puxémoslle este nome por que é o que recibe a ampliación da roteiro da auga.
Nesta ocasión por motivo das
restricións covid, temos que
chegar cada un no seu coche, sen
compartir, e cumprir co resto do
protocolo. Ás 9:30 h
concentrámonos diante do
seminario, dirixímonos á
Fonte Vella, onde facemos a
foto de grupo, e damos as
instrucións pertinentes para a
marcha de hoxe. Saímos polo
Camiño de Santiago, camiñamos
por asfalto, imos pasando as
distintas aldeas que están neste
trazado, e pasado Maariz
desviámonos á esquerda, cara a
Supena, baixando ata o río, é
neste punto onde collemos o
bucle novo, do roteiro.
Toca cruzar o río e meterse en
senda de monte, dun nun,
rodeados de castiñeiros,
carballos, acivros, bidueiros,
amieiros e así co rumor da auga
relaxando o paseo, imos pasando
por distintas aldeas, Vilar,
Casabella, Pacios, Pausalido,
Orxal, os accesos a Cova
do Rei Cintolo, para volver
a Supena. Este bucle
permite ver o val desde as dúas
ladeiras e como o día esta
espectacular, temos unhas
magnificas panorámicas. Agora
seguindo a corrente do río,
encamiñámonos a Mondoñedo,
pasando por unha explotación
mineira abandonada, seguimos
camiñando e paso a paso chegamos
ao lugar da partida.
Magnifico día, grazas a todos
por este domingo distinto.
Un saúdo. Ata a próxima.
Un saúdo.
Morís.