Crónica

LUCES DE VIGO 2019
 

Ante unha petición na asemblea, organizamos unha viaxe para gozar das luces de Nadal de Vigo, nesta ocasión non camiñaremos pola natureza, a nosa meta paseo pola cidade.

Saímos un sábado despois de comer, e en bus un bo grupo dirixímonos á cidade olívica, durante a viaxe os mais mozos do grupo aproveitan para xogar ás cartas e así distraerse, desta forma a viaxe faise máis curto. Entramos na cidade xa anoitecendo, o que nos permite empezar a gozar das luces acesas. Imos dereitos ao hotel, que o temos no centro, tomamos posesión das habitacións e antes de cear damos o noso primeiro paseo para contemplar a cidade toda iluminada.
Baixamos pola Gran Vía, e admiramos a súa iluminación, sacamos as primeiras fotos, na confluencia con Urzaiz, admiramos un descomunal paquete de luces con diferentes efectos, seguimos agora baixando Urzaiz, abarrotada de xente, admirando a iluminación que a atravesa e as numerosas árbores do Nadal de luz, ata chegar ao photocall, onde nos facemos unha foto de grupo, ao seu lado unha inmensa bóla composta de miles de leds, continuamos por Príncipe, rúa peonil, admirando toda a decoración e iluminación, ata chegar á xigantesca árbore de nadal, co seu espectáculo luminoso musical. Regresamos ao hotel para cear, para despois dar un novo paseo. Tócanos agora visitar a nora xigante, os postos de comida e atraccións que hai na alameda. Xa é algo tarde e regresamos ao hotel para descansar, para mañá continuar.


O domingo levantámonos temperán para gozar das rúas e a súa decoración sen aglomeracións, e así sacar fotos da decoración ambiental sen problemas, dirixímonos ao peirao para patinar sobre xeo, o desgracia, a pista esta avariada e non funciona, que decepción para os peques, coa ilusión que tiñan por patinar. Subimos por última vez na nora para ter desde as alturas unha imaxe distinta á da noite, imos ao hotel para comer, recoller equipaxes e emprender o regreso, pero antes pararemos en Samil, para darlles a os peques unha alegría, alí patinaremos sobre xeo, noutra pista.


Regresamos en bus, cos mais mozos xogando ás cartas para facer máis ameno viáxelle de regreso.
Unha bonita viaxe, grazas a todos
.


Un saúdo.


Morís.