Crónica
Unha ruta polos
Ancares deixa una fonda pegada en
calquera espírito sensible á beleza dura paixase da Montaña Luguesa. Xá
o dixo
Ana no bús “ e a primeira vez que non se pudo facer unha ruta que
tíñamos programada na pequena historia de Os sendeiros”.
A verdade que o
temporal
que o domingo facía era para auténticos aventureiros, en Foz a
saída presaxiaba un mal día para o senderismo. Saímos coma sempre ben
arranchados na busca dun novo reto por terras da montaña luguesa, o bús
ben conducido por Pepe va levándonos por Lourenzá subimos pola cruz da
Cancela ata Meira, siguendo pola estrada de O Cádavo capitalidade do
concello de Baleira, un concello cunhas praderías verdadeiramente
fermosas.
A choiva e vento, sempre presente, o tema era falar do
temporal que tíñamos por diante. A estrada, una vez que deixamos a
autoestrada, era un constante curva sobre curva, estreita, en fin un
calvario, incluso houbo algún mareo que outro, así ata chegar a San
Román capitalidade do concello de Cervantes, onde facemos una paradiña
para tomar un café como de costume.
Seguimos o camiño pola estrada
sinuosa e estreita disfrutando das fermosas paisaxes, pasamos ao pé do
Castelo de Doiras antes de chegar ao albergue del “Club Ancares” onde da
comezo a ruta. Aquí o temporal e infernal, choiva, un vento moi forte
que casi non deixa camiñar, foimónos abrigar ao albergue e de paso
preguntar a os responsables as condicións que tíñamos para facer a ruta
”Tres Bispos”, moi amable nos aconsexó non facela arriba o tempo será
moito peor que aquí, xuntámonos e decidimos non facela e visitar a
famosa aldea de Piornedo. Estábamos a 17 km. da aldea, deixamos atrás o
albergue o paisaxe é suave nas formas, a
flora intégrase e cambia paso a
paso, sen que nos decatemos da estrechez da estrada, non só cambia o cor
da flora, senon que toda a vexetación se vai mudando. Unha mirada entre
os paraugas deixa ver as chimeneas de Piornedo fumegando sen parar. Un
fermoso can mouro ía dandonos a benvida un a un, iniciamos a nosa
andaina no medio das casas de orixe ancestral, as pallozas, e reservamos
o pracer de coñocer una forma de vida distinta, descubrindo a palloza
museo.
Imaxinar o oso ou o lobo, donos dun territorio duro,
só dominado pola muller e o home ancarés dos pequenos núcleos
diseminados que venceron a invernía e o illamento social e económico é
para nós, urbanistas, parte do seu encanto e beleza. Feita a visita polo
medio dun mundo rodeado de acibros, bidueiros, e outras árbores que,
xunto co curativo e feiticeiro teixo forman a visión panorámica da nosa
montaña luguesa.
Á volta do camiño cara a San Román, onde despois de
mollarnos e pasar un pouco de frío, íamos a xantar no restaurante Belón,
un menú quente que ben o necesitaba os nosos corpos. Despois de
disfrutar de un bo xantar a base de callos, pito ao forno e flan de
postre, fixemos una longa sobremesa votando un cantarin, charlando e de
remate a nosa amiga Celia invítanos a una copa para festexar a seu
cumpreanos. Que sexas moi feliz e cumpras moitos máis.
Regresamos a Foz ás 18,30h.
“Unha ruta polos Ancares deixa unha fonda pegada en
calquera espírito sensible á beleza da dura paixase da Montaña Luguesa”
Ata a próxima
José Luis
|