| Empeza a camiñata e o primeiro que vemos son as
      instalación do Mazonovo, so se puido ver por fora pois anda estaba
      pechado. Seguimos o camiño ate chegar, despóis de belas paraxes, a unha
      fermosa fervenza. Segue a ruta adentrándonos por unha rua que nos leva
      para meternos por un bosque con árbores autóctonos: carballos, robles,
      castiñeiros, e no medio, belas casas de aldea restauradas. En unha delas
      fixemos unha paradiña e ate poidemos botar uns culines de sidra, ben
      botada por Alfredo e José Luís. Coa humidade que hai nestes lugares
      estaba bastante fría. Con todo elo, Tano, Tuto, Zamora e todo-los demáis
      atopárona bastante boa. Seguimos o percorrido en busca da aldea de Teixois, lugar onde
      faríamos a parada para xantar e a continuación visitar o museo
      etnográfico. Chegamos as duas do mediodia. O sitio precioso, con un
      entorno somo se fora dunha película. Fronte a nós o museo, a dereita
      unha verdadeira taberna de antaño. ¡Qué bos cafés tomamos,
      acompañados das riquísimas galletas que levaba Sonia! A esquerda o río
      que  ven do mazo, e non podía faltar a ponte de madeira, todo elo
      acompañado coa inseparable humidade.  Xantamos no medio dunha grande camaradería no covertizo propiedade do
      dono da taberna, que no-lo deixou sen ningun problema. Despóis de
      repoñer forzar visitamos o mueo da auga seguindo as explicacións do
      guía. Sorprendeunos como fai uns 150 anos se podía ter tal imaxinación
      para poder conseguir que, aproveitando a auga , funcione: un muíño,
      central eléctrica, pedras para afiar a ferramenta, fragua, mazos e batans.
      Todo elo funciona hoxe en día como se non pasara o tempo. |