Crónica

VIAXE A GRANADA, SUBIFA A MULHACÉN

Por fin chegou o día, e partimos cara a terras granadinas, para desfrutar dunha semana de roteiros e turismo, co prato estrela, a subida ao Mulhacén, o pico máis alto da península ibérica.

O luns chegamos á nosa base, en Albolote, xa que desde alí cada día sairíamos para facer unha cousa distinta. O martes fomos ata Lanjarón, para realizar o roteiro Cerecillo Mezquerina, precioso roteiro por esta zona da Alpujarra Granadina, con sol e calor, pero desfrutando das súas magníficas vistas e da cantidade de auga que brota por todas partes. É unha mágoa non poder desfrutar este souto no seu esplendor, xa que hai algúns anos un incendio déixoo case diezmado. Puidemos comer unhas ricas cereixas, collidas directamente da árbore, beber esa auga tan fresca e cristalina, recentemente manada das neves de Sierra Nevada. Ao chegar ao pobo recíbenos a festa da auga e déixannos empapados, pero enseguida secamos co sol e a calor, antes de ir ao restaurante para comer todos xuntos. O mércores toca xornada de turismo, para así recuperar do roteiro do día anterior, visitaremos pola mañá a Alhambra e pola tarde o barrio do Albaicín. O xoves tócanos o prato estrela da viaxe, a subida ao Mulhacén, para iso madrugaremos e dirixirémonos á alpujarra, para desde Capileira subir ata o seu cume. É unha subida con certa dificultade, sobre todo pola altitude, xa que nós vivimos a nivel do mar. As vistas son impresionantes, aínda hai restos de neve, respírase silencio e tranquilidade. Na cima comeremos e farémonos unha foto que deixe constancia de lograr facer cume. Para o venres toca de novo algo de turismo, visitaremos Salobreña e Motril, nesta última despois de comer aproveitaremos para darnos un baño na súa praia. O último roteiro desta viaxe será o sábado, percorreremos o roteiro das Catedrais do Negratín, o canón do colorado de Granada, paisaxe desértica, coas súas belas formacións que semellan as torres dunhas catedrais. E o domingo chegou o triste día de ter que regresar, toca volver a casa para seguir coa rutina.

Magnifica semana, grazas a todos e ata a próxima.

Un saúdo.
Morís.