Crónica
RUTA CAMIÑO FERRADAL OU DA CALEIRA, QUIROGA
Nesta ocasión
camiñaremos pola Ribeira Sacra,
por terras de Quiroga.
Saímos de Rugando para rematar
en Ponte Soldón, atravesaremos o
val do río Soldón en dirección
sur. Partimos da ferrería de
Rugando, hoxe aloxamento rural,
cruzamos a ponte sobre o río,
para coller a senda que pola
marxe esquerda, nos permitirá
percorrer o val. Nos primeiros
metros cae unha fina choiva, de
seguida pasa e queda un tempo
seco e cunha temperatura moi
agradábel para camiñar.
O camiño faíse estreito e segue
o curso do río, esta cuberto por
castiñeiros que deixan caer o
chan o seu rico froito, que
aproveitamos a apañar, de
madroños cos seus froitos de
unha cor vermella moi fermosa,
que indican que están no seu
punto, que sabor tan doce, tamén
atopamos carballos, piñeiros,
toda unha serie de arbustos, que
fan unha senda moi frondosa.
Imos subindo e baixando seguindo
o relevo do val, o que nalgúns
puntos nos obriga a cruzar
pequenas pontes de madeira, para
salvar os arroios que alimentan
o Soldón. Na metade do
percorrido facemos unha pequena
parada para agruparnos e repoñer
folgos.
Continuamos camiñando por este
fermoso val e chegamos a Pena
Furada, túnel feito polos
romanos para levar auga as minas
de ouro.
Dende este punto xa atopamos
vides e olivos, que producen
caldos e aceites de gran
calidade. Nesta parte final
encontrase a Cova de Ricopete,
antiga mina romana, xa encaramos
o tramo final do día de hoxe,
estamos a chegar a Ponte Soldón,
onde se unen o Soldón e o Sil.
Damos por finalizada a marcha de
hoxe, e collemos o bus que nos
levará a Rairos a casa Luís onde
imos Xantar.
Foi unha ruta moi fermosa e un
día perfecto, no que puídemos
gozar da natureza en boa
compañía.
Un saúdo.
Morís.