Crónica

RUTA CANERO - BUSTO


Para ultímaa roteiro deste ano, dirixímonos a terras asturianas, faremos un roteiro pequeno, xa que os días son curtos. Camiñaremos polo Cabo de Busto, gozando das súas belas paisaxes da costa occidental de Asturias, cuns cantís impresionantes.


O prognóstico do tempo apunta a choivas abundantes, e empeza a amencer co ceo nubrado e caen unhas pingas mentres esperamos a chegada do bus.

Comezamos a marcha entre as casas de Busto, xa non chove, aínda que está nubrado, fai boa temperatura para camiñar, así a paso a paso imos cara aos cantís, temos unhas vistas impresionantes, cara ao leste divisamos Cabo de Vidio e ao oeste alcanzamos a ver Luarca. O roteiro discorre por un carreiro, de zahorra e manto vexetal, moi cómodo de camiñar, practicamente chairo, imos camiñando de miradoiro en miradoiro, facendo fotos e gozando da paisaxe e o mar, ata chegar ao faro de busto, onde faremos a foto de grupo.


Seguimos dirección oeste, bordeando a costa ata chegar a unha área de descanso, onde aproveitaremos para comer algo e beber, seguimos camiñando cara ao miradoiro da praia de Cova. Seguimos camiñando ata chegar baixo a ponte da autovía, onde descenderemos paralelos ao río Esva, ata chegar a unhas ruínas dunha factoría leiteira, onde aproveitaremos para cruzar á outra beira, usando a ponte da estrada. Collemos un carreiro que vai pegado ao río en dirección á praia de Cova, antes de chegar a ela, quedaremos no restaurante Canero, que é onde faremos a comida. Sérvennos unha suculenta comida, aproveitamos e brindamos polo nadal e o ano novo.


Grazas a todos.


Un saúdo.


Morís.