Crónica
FIN DE SEMANA EN SALAMANCA
Este ano a viaxe da fin de
semana foi por terras
salmantinas, visitamos
Salamanca, La Alberca, Cidade
Rodrigo, fixemos unha ruta polo
parque natural das Arribes do
Douro, camiñando e en catamarán
e rematamos cunha visita a
Zamora.
O sábado pola tarde visitamos a
cidade de Salamanca cunha guía
que nos amosou parte dos
tesouros artísticos e as súas
curiosidades, foi un percorrido
pola cidade moi ameno.
Para o domingo desprazámonos
dende Salamanca capital, que foi
a nosa base loxística, ata o
Parque Natural Das Arribes do
Douro, para facer a nosa ruta de
sendeirismo. Un fermoso e
soleado día, comezamos a camiñar
en Masueco e percorrendo a Senda
de Unamuno, así chamada por ser
o camiño que percorría para
poder quedar abraiado da súa
beleza e espectacularidade,
chegamos o Pozo dos Humos,
espectacular fervenza cunha
caída de uns 50m. aproveitamos
para facer unha chea de fotos,
intentando deixar reflectido a
beleza do entorno, dende este
punto ascendemos ata o
aparcadoiro da fervenza para
logo continuar por camiños
rurais ata, a Cola de Cabalo o
Fervenza de Pinero, atravesamos
oliveiras milenarias,
percorremos un sendeiro casi
obstruido pola vexetación,
aciñeiras, madroños, castiñeiros,
etc, sobre as nosas cabezas
sobrevoan voitres, aguilas reais
, cigueñas, temos unhas vistas
impresionantes do canon do Douro
e do Uces, e así chegamos a
fervenza, pasase por detrás dela,
a auga fai unha fermosa cortina
que nos salpica e refresca.
Xantamos en Aldeadávila de la
Ribera, o rematar dirixímonos
cara a Praia do Rostro, onde un
catamarán nos fará un recorrido
de 22Km, por este fermoso canon
do Douro, a guía ensinaranos as
arbores e plantas do lugar, as
aves e animais da zona, e como
vivían antano as xentes deste
lugar, todo o recorrido e por
augas internacionais, xa que o
Douro e fronteira entre Portugal
e España. A tardiña regresamos a
Salamanca, ducha e gozar da
cidade.
Na xornada do luns desprazámonos
pola dehesa salmantina,
visitamos Cidade Rodrigo,
percorremos as súas rúas ollando
os restos do seu pasado
medieval, dende aquí dirixímonos
cara a Alberca para xantar e ver
este pobo turístico e
pintoresco, de novo a tardiña
ducha no hotel e gozar do
ambiente de Salamanca.
O martes día das letras galegas
emprendemos o regreso cara a
casa, xantar e visita a Zamora,
poñendo así fin a este fermoso
fin de semana, tanto polo que
fixemos como polo tempo
meteorolóxico.
Grazas a todos polo fantástico
fin de semana,
Un saúdo,
Morís.