Crónica
RUTA PICO POUSADOIRO E FERVENZA CIOYO
O último andareiro do ano, será
por terras asturianas, polo
concello de Castropol e
achegaranos ao teito de Tapia de
Casariego e a unha magnifica
fervenza.
Partimos da área recreativa do
pico Pousadoiro, e en dirección
este dirixirémonos á cima, ao
principio iremos por un camiño
de terra, tapizado coas agullas
dos piñeiros que nos rodean, o
día está nubrado, fai aire e
ameaza choiva. Somos un pequeno
grupo e dado o tempo que nos
acompaña, fai que camiñemos
rápido, así e todo gozamos desta
senda rodeados de piñeiros, a
400 m da cima deixamos esta
senda para subir a empinada
costa pola devasa. Na cima
facémonos unha foto e comezamos
a descender, por un camiño
protexido das inclemencias
meteorolóxicas polos piñeiros. E
así pasito a pasito chegamos de
novo á área onde partimos e onde
nos espera o bus.
Subímonos ao bus e dirixímonos
ao comezo do camiño á fervenza,
é unha senda estreita, rodeada
de vexetación nun val angosto.
Durante o descenso óese o rumor
das augas bravas do río Porcía,
o camiño vólvese en sitios un
pouco difícil, polas pedras de
diferentes tamaños e a
diferentes alturas, unhas cordas
axudan a superar eses tramos.
Chegamos á fervenza, está
espectacular pola cantidade de
auga que leva, facémonos unhas
fotos co fondo da caída da auga,
e volvemos sobre os nosos pasos,
subindo cara ao punto de
partida.
Colleremos o bus e dirixirémonos
a Vegadeo, onde na Barrica
espéranos unha suculenta comida.
Grazas a todos unha vez máis,
por facer posible estas saídas
tan agradables en boa compañía,
fan as rutas máis pequenas.
Un saúdo e ata a próxima.
Morís.