>
Crónica
Fin de semana en Sanabria: subida a Peña Trevinca
Neste mes de xuño desprazámonos a terras zamoranas, para facer o roteiro a Pena Trevinca, teito de Zamora e de Galicia. Estaremos toda unha fin de semana en Poboa de Sanabria, para desde alí realizar o roteiro e para os que non estaban en condicións físicas optimas, preparámoslles unha visita turística a Bragança.
												
												O venres despois de comer, 
												saímos en bus, cara a Poboa 
												de Sanabria. Ao chegar cea 
												no mesón Abelardo e despois á 
												Pousada de Carlos V, que será o 
												noso hotel estes días.
												
												O sábado toca madrugar, 
												almorzamos e dirixímonos ao 
												lugar de partida do roteiro, o 
												aparcamento da Lagoa dos 
												Peixes. Aquí dividimos o 
												grupo en dous, os que non están 
												en forma quedan no bus, xa que 
												irán a Bragança de visita 
												turística, mentres o resto 
												facemos o roteiro. O día está 
												moi ben para camiñar, nubes e 
												claros e unha temperatura 
												estupenda. Equipámonos e 
												comezamos a camiñar seguindo as 
												marcas do roteiro elixido, 
												ascensión a Pena Trevinca. 
												Descendemos un pouco e comezamos 
												a subir cara aos Corralicos, 
												neste punto llaneamos e temos 
												unhas magníficas vistas do 
												Val do Tera, e do noso 
												obxectivo, Pena Trevinca, 
												pasados 3Km., comezamos o 
												descenso cara ao val, unha vez 
												no val atopámonos o Refuxio 
												de Riopedro, seguimos a 
												senda e cruzamos o río Tera 
												sobre unha ponte de madeira. 
												Agora camiñamos pola marxe 
												dereita do rio, augas arriba, 
												sorteando os numerosos arroios 
												que achegan auga a este río, 
												gozamos das esplendidas vistas 
												deste val, dos rabaños de vacas 
												e cabalos que ocupan este rico 
												val, e así co son dos seus 
												mugidos e o rumor das augas no 
												seu descenso chegamos á base da 
												cima de hoxe, a Majada 
												Trevinca. Unha ollada ao que 
												nos espera na ascensión e 
												comezamos a subir a uns 200m da 
												cima dividimos o grupo en dous, 
												os máis fortes e agiles soben de 
												fronte, polas rocas, o resto 
												desviámonos á dereita, para 
												subir en diagonal facendo a 
												subida máis fácil, pasamos entre 
												dúas neveros ata o colado e 
												desde aí encaramos os últimos 
												100m ao cume. Satisfacción polo 
												reto superado, comemos o 
												bocadillo e facémonos unhas 
												fotos. Recuperadas as forzas 
												despois da subida, toca 
												descender e facer o camiño á 
												inversa ata o punto onde 
												comezamos pola mañá. Cea en 
												Abelardo e durmir no hotel.
												
												O domingo levantámonos 
												almorzamos, deixamos o hotel e 
												percorremos as rúas de Poboa 
												de Sanabria, gozando da súa 
												beleza. Collemos o bus e imos á
												Casa do Parque, para 
												gozar da súa visita guiada 
												explicando todo valor deste 
												Parque Natural. Subimos nova 
												mente ao bus e imos ata o lago, 
												aparcamos fronte á praia 
												Custa Llago, gozamos da 
												vista, e comemos no Chiringuito 
												de Cesar. Ao terminar ao bus e 
												para casa de regreso.
												
												Grazas a todos por esta 
												magnífica fin de semana.
												
												Ata a próxima, un saúdo.
												
												Morís.
