Crónica
SUBIDA O PICO DA LEBRE
Chego a primeira
Andaina de Verán deste ano,
dentro dos roteiros senderistas
do concello de Foz, escollemos
para esta marcha unha subida ao
Pico dá Lebre.
Xuntámonos na praza do concello,
ás 9 da mañá, nesta ocasión
seremos unha quincena de
camiñantes. Subimos dirección ao
colexio do Pilar e por un
carreiro que o bordea ascendemos
cara ao cemiterio, para
continuar cara ao Castro de
Marzán, no Pereiro desviarnos á
esquerda, e no seguinte
cruzamento á dereita, camiño que
nos deixase á altura da vía do
tren. Dende aquí subiremos pola
estrada ata a capela do Bispo
Santo. Lugar que aproveitamos
para facernos unha foto de
grupo.
Subimos cara ao miradoiro do
Pico dá Lebre, pero a media
subida tomamos a pista de
zahorra que se desvía pola
dereita. Esta pista vai a media
ladeira bordeando o noso
obxectivo de hoxe. Neste tramo
temos unhas magnificas vistas de
Fazouro, o polígono industrial,
a súa ría e o mar. Seguimos
camiñando a nivel por unha pista
cómoda, ata o punto en que
empeza a ascender cara á
canteira, a subida levase ben, é
bastante tendida.
Nada mais superar a canteira
facemos a parada para repoñer
forzas, e atopamos unha planta
estraña, un Tajinaste vermello
das Cañadas do Teide, ensínanolo
un participante, Jose Manuel,
galego residente nas illas
Canarias. Escollemos este lugar
xa que hai bastante néboa baixa
e na cima non nos resultaría
agradable para parar.
Unha vez no alto, a penas vemos
nada, pero en canto descendemos
xa podemos ollar algo, aínda que
non moi ben, unhas preciosas
vistas da ría e a costa de
Barreiros, non alcanzamos a ver
Asturias polas nubes baixas, un
pena, bo así hai unha escusa
para subir outro día con
mellores condicións
meteorolóxicas para gozar da
paisaxe.
Chegamos de novo á capela e
seguimos baixando ata Foz para
terminar esta primeira Andaina
de Verán.
Grazas a todos e ata a seguinte.
Morís.