>
Crónica
Ruta do Mel e da Castaña, Salcedo.
Para pechar o mes de outubro de roteiros, desprazámonos ata Salcedo, na Pobra de Brollon, para camiñar o roteiro dá Mel e dá Castaña.
Baixamos do bus diante da igrexa,
preparámonos, damos unha breve
descrición do roteiro e
comezamos a camiñar, atravesamos
as rúas desta bonita aldea,
collemos dirección sur por unha
pista de saburra. Estes dous
primeiros quilómetros son
chairos, para logo comezar un
descenso suave, así paso a paso
chegamos a Penas do Castelo,
xacemento arqueolóxico do século
9 antes de cristo. Facemos unha
pequena visita e continuamos.
Seguimos baixando e gozando dos
miradoiros que atopamos, os
cales nos mostran unha
panorámica magnifica. Chegamos
ao punto onde toca comezar a
subida ata o punto de partida, é
un carreiro de piso vexetal, que
fai un cómodo camiñar, gozamos
as vistas, pasamos por pequenas
manchas de vexetación autóctona
que sobreviviron aos incendios,
aproveitamos para recoller
algunha castaña, e relaxarnos
gozando o paso por estes redutos
de vexetación. Saímos a unha
pista de saburra que nos
encamiña á que collemos á
primeira hora, e lévanos de
volta a Salcedo, cruzamos polas
súas rúas camiño da igrexa onde
poñeremos punto final ao roteiro
de hoxe.
Cambiámonos subimos ao bus e
dirixímonos a Monforte para
facer a comida de
confraternidade.
Magnifico día en moi boa
compañía.
Ata a próxima.
Un saúdo.
Morís.