Crónica
Os sabados de Agosto deste ano foi outras das actividades
que Os Sendeiros de Foz fixemos.
O primer Sábado 5 Ruta Burela - Nois, Foi unha sorpresa
para moitos que formamos o grupo. Unhas pistas ben coidadas, e uns paseos
marítimos dignos de pasear por eles, estes camiños van levándonos á
beira do mar e poder ollar a gran beleza das praias de : Areoura, Os
Alemáns, Os Xuncos, e como remate da ruta a praia as Polas. Todo elo sin
perder da vista dende o alto o porto de Burela, e as bonitas e ben
coidadas casas que durante todo o percorrido se ven. O día amaneceu cun
ceo despexado e sol radiante.
Sábado 12 Ruta Nois - Foz .
Retomámos o camiño cunha mañá de sol en Nois para
adentrarnos á beira do mar da parroquia, o recorrido e dunha beleza
singular ao carón do mar, pódense ollar vellas casas aínda nun
abandono, pero que con seguridade serán restauradas en calquer momento.
Sigue o paseo pola praia de Arealonga, unha praia cunha parte de area e
outra de pedras, ao final topámonos con o Castro de Fazouro cunha boa
información sobre a sua historia, Seguimos por Fazouro sempre a beira do
mar, ata chegar a fermosa praia de bandeira azul a Pampillosa, esta praia
ten unha boa infrastuctura con : area recreativa, aparcamento, nela
desemboca o río Ouro, que forma unha bela paisaxe todo o seu entorno.
Seguimos a beira do río para coller a ponte antiga de ferro, e no alto
cruzamos para seguir o camiño bordeando o mar ao carón do antigo
cargadeiro de area e vai levándonos a praia tamén de Bandeira azul Peizas,
pequena pero fermosa donde as haxa. Dende eiquí sigue a camiñata polo
paseo marítimo ata a praia de bandeira azul de Llás, na hora que pasamos
estaba chea de xente. Seguimos polo paseo ollando : Auga Doce, o Roncadoira,
o Ollo do mar, belos rincóns que nos acercan a Fermosa praia tamén de
bandeira azul a Rapadoira, xa no pobo de Foz, no paseo dimos por rematada
a ruta. Creo, como pódese ler que foi unha ruta de ensoño para os
amantes de as belas vistas que ofrece o mar.
Sábado 19 Ruta Vilaronte - Cornería.
Esta ruta fixémola en conxunto con Asociación de
vecinos de Vilaronte, por estas datas festexan o día do Emigrante, e
unhas das actividades foi este recorrido ao alto de Cornería, O día era
dunha mañá explendida como as anteriores, formamos un bo grupo de
andareiros esta vez, saimos de Vilaronte polo medio da parroquia e na casa
da Roxa tomámos o camiño sempre en costa ata o pico do monte, pouco a
pouco íamos ascendendo sin moita presa pois e unha verdadeira maravilla
ollar, según vamos camiñando, a Foz dentro do marco da sua ría e a
costa de San Cosme de Barreiros ao marxen dereito. No medio dun frondoso
eucaliptal sigue o camiño por unha pista que nos vai achegando a cima,
tomamos unha desviación a esquerda para chegar ao remate, o día era moi
bo pero debido a altura do monte facía unha brisa que a verdade era de
agradecer. Por fin chegamos, e no medio das antenas da tele, a
organización nos sorprende cunha mesa chea de comida: tortilla. Chourizos,
empanada, en fin de todo había, despois de dar gusto ao estómago,
emprendemos o regreso en baixada constante ata Vilaronte. A verdade que
foi un bo día de senderimo.
Sábado 26 Ruta Foz - San Martiño.
Este último sábado foi si queres un pouco de paseo
relaxado para dar a coñocer algúns do grupo o encanto da Igrexa de San
Martiño de estilo prerrománico e data do século X, nela estan os restos
de San Gonzalo, despois da visita obligada e tomar un grolo de auga da
fonte a Zapata, vamos camiño do monte do Santo entre eucaliptos,
recreámonos na area de descanso do Santo e poder ollar a Capela do Bispo
Santo, feita no seu día na honra a San Gonzalo para darlle as grazas por
alexar a os invasores Normándos. Baixamos polo Prado vello para
achegarnos a Marzán e de novo en Foz.
Resaltar das xornadas dos sábados que cremos que foi unha
boa oportunidade para poder ollar as belezas que temos no noso entorno, e
que para o ano que ven voltaremos a repetir.
Ata sempre
José Luis
|