Crónica

Esta vez non comprometín a ninguén a para facer a crónica, collín eu a iniciativa polo motivo de ser a derradeira coma presidente de Os sendeiros. No primeiro lugar felicitar polo seu cumpríanos a os nosos amigos de “fatigas” Luciano e Pepe. FELICIDADES AMIGOS.


Dicir que a ruta foi moi bonita e o mesmo tempo amena sempre íamos en grupo e co sorriso no semblante.
Ortigueira e o primeiro dos territorios Galaicos que pisaron os celtas, e tal vez que por eles sona a gaita con forza cada ano.
A saída despois de tomar o café de costume fixémola dende a Alameda, que xa estaban engalanando para facer a feira da mel, e exposición de cogomelos.

Camiño da Costa (Ortigueira, A Coruña) Camiño da Costa (Ortigueira, A Coruña) Camiño da Costa (Ortigueira, A Coruña) Ruta da Costa de Ortigueira


O día era primaveral, cun ceo despexado que animaba a camiñar. As dez comezamos a camiñada a beira do porto na busca do sendeiro, ben sinalizado, que nos ía metendo a fermosa ría de Ortigueira. Fermosas dunas facían que o recorrido fora cambiante : Dunas , ría Praias e coma fondo da fotografía que tíñamos diante Cariño. Pobo que fai anos pertencía ao Concello de Ortigueira. Cruzamos a fermosa paraxes das dunas e, chegada a bonita e coidada área recreativa da praia de Morouzos. Un inmenso pinar con mesas, bancos, servizos, de verdade, unha xolla que merece a pena visitar algunha vez. Neste fermoso lugar fixemos unha paradiña para xantar o bocata, facer a foto de costume, e coma non podía ser de outra maneira visitar a fermosa praia de Morouzo, Un grandioso areal de fina area negra, tiña coma nun alto mastil a bandeira do Orgullo GAY, unha singularidade pouco vista, tamén contemplamos dende este lugar a illa de San Vicente e o pobo de Ladrido ao fondo.


Despois do pequeno descanso votamos a camiñar pasando preto do campo de fútbol onde nos atopamos cunhas singulares duchas, que non dudamos en sacarlle unhas fotografías.
O camiño achéganos ao paseo marítimo que vai dende Morouzos a Ortigueira, sempre contemplando fermosas vistas da ría.

Ruta da Costa de Ortigueira Ruta da Costa de Ortigueira Camiño da Costa (Ortigueira, A Coruña) Camiño da Costa (Ortigueira, A Coruña)


Chegamos a capital da música celta, un pequeno descanso, e cada e uns e outros foimos a tomar uns viños, os locais estaban a tope de xente. Visitamos a feira da mel, exposición de cogomelos, e as dúas e media toda a marea verde que formamos Os Sendeiros sentadiños para o xantar.
O Amable Pepe o responsable do centro Social nos presento un bo menú de empanada, codillo con pementos, e as pataquiñas que non poden faltar, de postre tarta, viño e café de pota. Ben e abundante
Despois do xantar un paseo por Ortigueira e as cinco e media de novo cara a Foz.
Unha ruta moi bonita que invita a volver.

Un saúdo e esta a próxima


José L.