Powered by Wikiloc

Crónica

XXIX MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS.


Os Sendeiros de Foz, nesta ocasión desprazámonos a terras ourensás, para participar na marcha galega de veteranos, no concello de Pontedeva, estivo organizada polo club Peñatrevinca Montañeiros de Galicia cá colaboración da federación de montañismo.


É un domingo senlleiro, cunha temperatura perfecta para camiñar, a camiñata de hoxe estará formada por dúas rutas homologadas, que discorren polo val do río Deva.


Partimos de Ponte Trado, cara á ponte que cruza o Deva, xiramos a dereita e comezamos un sendeiro fermoso, frondoso, composto de castiñeiros, carballos, piñeiros e aciñeiras, que dado a época do ano na que nos atopamos, estamos no outono, deixa o chan tapizado de follas, deixando así un camiñar moi suave e confortable. Cando chegamos o centro de Trado e baixo un cruceiro, facemos a foto de grupo, para continuar subindo cara o miradoiro do monte San Xusto, fermosas vistas da comarca.


Iniciamos o descenso cara o Deva, unha vez nel, collemos a dereita, sen cruzar a ponte, bordeando o seu curso, gozamos da paraxe, o frescor das augas claras, os seus rápidos e pequenas fervenzas; como se agradece o paraugas que as arbores nos ofrecen. Chegados a Trigueira cruzamos a ponte para iniciar o descenso pola outra veira, ata Ponte Trabo.


Rematamos o marcha no mesmo punto no que a comezamos, e nunha adega próxima celebraremos o xantar de confraternidade.

Un saúdo e ata próxima.

Morís.