Crónica
O domingo nove de
Xaneiro, Fixemos o primeiro
andareiro do ano, nesta ocasión
fúmonos por terras de Ribadeo.
Saímos con puntualidade as 8:30h
de Foz, no traxecto en bus ata a
saída démoslle a benvida a novo
membro da asociación.
A andaina comezaba nas Aceas,
antigo muíño de mareas, hoxe en
desuso e recentemente
rehabilitado, a marea estaba
baixa e non nos permitiu gozar,
das aves que neste punto se
refuxian e alimentan
aproveitando a preamar. Dende
este punto a senda discorre por
un arboreado que nos abeiraba do
forte vento reinante neste día,
e un camiño rústico e fermoso
que serpentea seguindo o borde
da ría, que nos queda pola
dereita. Como quen non quer a
cousa e sen nos decatar chegamos
a casa das algas, neste lugar xa
fai bastantes anos,
manipulábanse as algas que o mar
botaba na costa, para logo
comercializalas. Continuamos, e
neste punto tócanos pasar pola
praia dos bloques entrada o
peirao de Ribadeo, primeiro o
comercial, logo o pesqueiro e
rematando no deportivo.
Subimos as escaleiras que nos
levan ata a capela de Santa Ana,
e dende o alto ollamos o
interior da ría, o peirao
completo, a Ponte dos Santos e
na outra veira da ría Castropol,
Figueiras e o seu estaleiro.
Imos agora cara o Cargadeiro,
hoxe rehabilitado, pasamos xunto
o forte de San Damian, e
diriximos polo paseo cara o faro
da Illa Pancha, facemos a parada
de rigor para repoñer forzas,
ollar a costa dende Burela ata
Tapia de Casariego. Unha vez
fixemos a
foto de grupo,
continuamos o camiño, pasamos
xunto o Castro das Engrobas, en
Vilaselan, aquí comezamos a
percorrer o litoral polos
camiños de pescadores, sempre
moi preto dos cantís, o que nos
fai ter unha vista das calas
desta zona impresionante, mais
adiante atopamos o Castro de
Fornelos, e pasiño a pasiño imos
percorrendo estes camiños, ata
chegar a meta do día de hoxe,
Rinlo.
Despedimos o día, cun xantar,
onde compartir as impresións da
marcha e o que aconteceu dende a
derradeira ruta, no Lar de
Carmiña, na Devesa.
Un saudo.
Morís.